Xosé Luís Rivas acusa a Medio Rural de “torpeza e mala intención” por negar as axudas para a agrogandaría ecolóxica e lamenta que, unha vez máis o PP deixe na estacada ás persoas produtoras que as solicitaron
Santiago de Compostela, 23 de decembro, 2022. O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas lamentou que, unha vez máis, o Partido popular “deixe na estacada” ás persoas produtoras de agrogandaría ecolóxica ao negar as axudas solicitadas polo que reclamou “completar con 5,6 M€ con fondos propios a partida das axudas.”
O deputado acusou a Medio Rural de “torpeza e mala intención” por non prever a afluencia de solicitudes para a partida destinada na orde de axudas convocada. Para o deputado, resulta unha “burla” a decisión da consellaría que, a pesar de seren advertida polo Presidente do CRAEGA que as hectáreas dadas de alta superaban as 12.000 o propio conselleiro respondera que existían fondos suficientes cando en realidade, dixo o nacionalista, constatamos que non é a si e que moitas solicitudes “quedan fóra das axudas”.
O deputado explicou que Medio Rural só orzamentou 3,18 M€ cando son necesarios 5,6M€ polo tanto, quedan fóra das axudas o “43% das hectáreas solicitadas”. Por outra banda, lembrou que existe un gran número de explotacións que para entraren en ecolóxico renunciaron, porque son incompatibles, ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional e agora van quedar “sen unhas nin outras”
As explotacións tiveron gastos ao pagar a entidades por asesoramento entre 1.200 a 1.400 euros, cuotas de inscrición no CRAEGA , 450 euros, ao que sumou os gastos en incidencias dunha granxa pequena para poder acceder a ecolóxico, ademais de outros investimentos maiores.
O nacionalista explicou que, “a diferencia entre un 1kg de penso en convencional a ecolóxico son 0.15céntimos, se un animal consume 1T de penso ao ano, só hai que botar contas co número de animais de cada granxa para ver en canto pode reflectir esta suba” ao que engadiu a baixada de produción durante os primeiros anos.
Ao seu xuízo, non ten xustificación algunha “esta agresión” a un sector con moito futuro pero necesitado de apoios e promoción. O proceder da Consellería de Medio Rural constata que “ non é consciente desta realidade”.
O deputado do BNG pediu a Medio Rural que asuma a súa responsabilidade porque “cometeu un erro de previsión” altamente prexudicial para agricultores e gandeiros e debe reparar este dano con todas as consecuencias.
Tras a votación na que o PP rexeitou a proposta do BNG, Xosé Luís Rivas lamentou que o Partido popular persista na senda de seguir prexudicando a todas esas persoas produtoras en ecolóxico que se ariscaron a iniciar un novo modelo e que con toda seguridade “pasarán un Nadal con moitas dificultades” tras a decisión de non aceptar as solicitudes para acceder as axudas.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



