Quince alumnas, usuarias de Fadas, perfeccionan os seus coñecementos nun novo programa formativo, que se desnevolverá ata o 31 de xaneiro
Lugo, 29 de decembro de 2022. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dá continuidade ao programa Tecer para integrar, co que se impartiu formación en moda e artesanía a quince alumnas, usuarias da Federación de Asociación de Ámbito social de Lugo (Fadas)
Logo dos bos resultados obtidos no proxecto tanto a nivel formativo como na relación establecida co Fadas, a petición da propia Federación, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha un segundo proxecto denominado Tecer para medrar co obxectivo de poder avanzar na constitución dun obradoiro permanente de formación profesional no sector da confección de roupa, orientado as persoas con dificultades de inserción laboral.
Paralelamente á labor formativa, Tecer para medrar quere impulsar a creación dunha empresa de economía social liderada por Fadas co fin de xenerar oportunidades de traballo no sector dos arranxos e confección de roupa.
O programa que se está a desenvolver nestes días e ata o 31 de xaneiro, abrangue prácticas de confección, dirixidas por Isabel Modia, patronaxe a medida, impartidas por Cristina Fernández, e a confección da primeira colección cápsula que se presentará no primeiro trimestre do vindeiro ano da man de Tina Cortón e a alumna Claudia López, e co apoio e seguimento de Karol Farias en materia de identidade visual e moda circular.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



