A sinatura dun convenio coa área de Mocidade da Deputación cun importe de 13.000 euros, permite achegar equipamento a todos os espazos
Barreiros, 30 de decembro de 2022. O Concello de Barreiros está a mellorar o equipamento existente en pistas deportivas exteriores e dotar do mesmo aos espazos nos que non existía. O goberno barreirense, no afán de mellorar a calidade de vida da veciñanza con independencia de onde resida, puxo en marcha actuacións de reparación e reposición de elementos como canastras ou porterías en espazos exteriores en todas as parroquias.
Ademais dos traballos xa realizados por persoal municipal en pistas como as de San Miguel, Benquerencia, San Bartolo, Celeiro ou A Rilleira; vén de asinar un convenio coa área de Mocidade da Deputación, dirixida por Mónica Freire, cun importe de 13.000 euros para dotar de mobiliario novo aquel que non pode repararse ou en lugares onde se carece do mesmo.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que” o actual goberno municipal considera que dotar de servizos ás persoas con independencia de onde residan é fundamental se queremos lograr un rural vivo e un futuro dos nosos concellos nos que as familias con crianzas aposten por quedar no territorio. Esta é a razón, a de contribuír humildemente ao asentamento da poboación no noso concello e achegar servizos a todos os sectores da poboación, pola que se ten elaborado un proxecto de dotación das diferentes pistas ao aire libre que existen en parroquias e lugares de equipamento destinado ao ocio da infancia e mocidade; que en moitos casos levaban anos de desatención”.
Os investimentos novos consistirán na adquisición de tres xogos de canastras que se instalarán nas pistas de Reinante, San Bartolo e San Xusto; e catro porterías para colocar en Cabarcos, Vilamartín Grande, San Xusto e Gondán. Deste xeito, explicou Dani García, concelleiro de dinamización “en todos os lugares e parroquias hai algún tipo de equipamento para que as nenas e menos poidan entreterse e realizar actividade deportiva ao aire libre que, despois dos anos de pandemia, demostrou ser una actividade saudable e para a que existían deficiencias, especialmente nos núcleos máis pequenos”.
Mónica Freire sinalou a “importancia de compartir obxectivos común entre as administracións para poder colaborar nos investimentos que se decidan, coma neste caso, para vertebrar territorialmente os nosos concellos; dando a oportunidade á súa poboación -e neste caso á infancia e mocidade, que serán o motor futuro do País- de desfrutar de servizos de proximidade con independencia de onde naceran ou escolleran residir; contribuíndo humildemente deste xeito a paliar o despoboamento dos nosos municipios e creando un sentimento de pertenza orgullosa ao territorio”.
Estes traballos de reposición do novo equipamento realizaranse nas vindeiras semanas, para completar os de reparación daquel material que foi posible que xa se viñeron realizando nos últimos meses e continuar noutros espazos que están pendentes de arranxar.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.

