Viveiro, 7 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro acaba de realizar unha primeira plantación de 14 árbores de diferentes especies no parque público Pernas Peón. Deste xeito, execútanse unha parte das actuacións contempladas na zona 5 do proxecto que existe para este parque.
A plantación realizouse na zona sueste do parque, para o que, primeiramente, se procedeu á retirada do mobiliario existente que se atopaba en mal estado (bancos e mesas). Esta era a zona que se atopaba máis despoboada, tras a tala que se levou a cabo por motivos de seguridade.
En concreto, plantáronse un castiñeiro de Indias vermello, un castiñeiro, un cedro do Líbano, unha árbore do amor, unha faia, un freixo, unha figueira, un ginkgo, unha árbore chuvia de ouro, un alerce, unha paulownia tomentosa, dous carballos e un serbal de cazadores. Tamén se realizou o entutorado de todas as árbores plantadas.
Para a execución destas actuacións investiuse unha parte do remanente da partida orzamentaria existente para a redacción do proxecto.
Próximas actuacións
Das actuacións previstas nesta zona 5, quedan pendentes, entre outras, a plantación do céspede e doutras catro árbores, que se farán na primavera. De feito progresivo, continuarán executándose os traballos contemplados no proxecto, que se divide en cinco zonas, un camiño principal e unha praza central.
O orzamento para executar a totalidade do proxecto ascende a 1.268.028 euros, polo que está previsto realizalo en fases a medida que se dispoña de liquidez orzamentaria ou, se fora posible, a través dalgunha subvención dos fondos Next Generation.
Nese sentido, cabe sinalar que se contemplan varias zonas de actuación, preservando a esencia tradicional do parque, co obxectivo final de mellorar a calidade deste espazo verde. O parque conta cunha superficie total de 3 hectáreas e é utilizado polos veciños e veciñas como lugar de descanso e esparcemento.
As diferentes intervencións que se pretenden levar a cabo teñen como finalidade, entre outras, a apertura visual dos bordes do parque, para preservar o carácter de espazo verde alleo ás construción e urbanización do entorno; a creación de novos usos; a creación dunha praza central ou a utilización da vexetación como elemento de unión entre as diferentes zonas para que os veciños e visitantes perciban o espazo como unha unidade.
O proxecto para o parque Penas Peón foi redactado para poder actuar por partes, nas cales irán árbores de nova plantación, ademais de formación de sebes, plantación de arbustos e vivaces, camiños de xabre, mesas de picnic, etc.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



