No PP din a Cajoto que “escoite máis aos veciños e ao PP e déixese de solucións estrañas; a solución desta rúa e poñer os aparcadoiros en liña e facer así que a zona de circulación desta vía sexa máis ancha que actualmente”
Foz, 30 de xaneiro de 2023. As decisións que se toman á fronte das institucións poden ser, como en todo na vida, acertadas ou desacertadas. Cando se cometen erros, repercuten na calidade de vida dos veciños e, polo tanto, hai que corrixir acertadamente o decidido. Sempre é necesario practicar a escoita activa. Como o alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, é incapaz de corrixir os seus erros, porque non escoita nin aos veciños nin ao PP, logrou crear considerables inconvenientes aos residentes na Rúa Limoeiros, como destaca o portavoz popular, Javier Castiñeira. Sinala: “Desgraciadamente o señor Cajoto volve facer o ridículo por non escoitar aos veciños nin ao Partido Popular.
Esta vez na Rúa Limoeiros, na que os veciños e o PP (no pleno) denunciamos que a nova estrutura dos aparcadoiros, en batería, nunha vía con espazo de circulación moi estreito, impedía que os veciños puideran estacionar”. Engade: “Diciamos que os aparcadoiros resultaban moi incómodos para os outros vehículos que circulan pola vía porque para aparcar teñen que pasar por riba da beirarrúa. Como o señor alcalde non fai caso de ninguén e a súa tozudez o leva a ter despois solucións verdadeiramente caóticas e ridículas, temos que denuncialo, porque son perigosas”.
Castiñeira explica: “Neste caso, o alcalde puxo uns módulos de formigón nas prazas diante das entradas dos garaxes aos que a xente chama obxectos terrestres non identificados, porque non sabe para que son; ademais son perigosos, porque de noite non se ven e é fácil que quen aparque acabe danando o coche”. O portavoz popular di que “a solución é a que lle dixo o PP, á que lle dixeron os veciños: que elimine as prazas en batería e que as poña en liña, co que conseguirá unha zona viaria moito máis ampla e os aparcadoiros serán de moito máis calidade, que é do que se trata, máis que de cantidade, porque ao lado está aparcadoiros públicos”. Por certo, estes últimos “están cheos de escombro, dende o verán; moitos deles chegan ás traseiras das casas”.
Javier Castiñeira lanza unha mensaxe moi clara ao alcalde: “Señor Cajoto escoite máis aos veciños e ao PP e déixese de solucións estrañas. A solución desta rúa e poñer os aparcadoiros en liña e facer así que a zona de circulación desta vía sexa máis ancha que actualmente”.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



