A inicitiva terá lugar entre os días 14 e 19 de febreiro en bares, restaurantes e aloxamentos da asociación de Hostelería de Barreiros
Barreiros, 9 de febreiro, 2023. Febreiro é o mes do amor, ou polo menos así o marca o calendario anual. O mes comeza co casamento dos paxariños pola Candeloria e segue co tan tradicional San Valentín cada 14 deste mes, unha data sinalada no almanaque social e ocasión na que moitas persoas demostran o amor a quen os acompaña.
E é aproveitando esta celebración do amor na que parte da hostelería barreirense ven de idear unha iniciativa na que o agasallo o poñen os mesmos locais. Un detalle que non é elixido de maneira casual senón que representa moi ben o bo augurio entre outros, no amor. O famoso “bítere”, tan propio de praias barreirenses, engarzado de maneira artesanal e formando así un colgante será a “xoia natural” que agasallarán as empresas participantes.
Os adheridos son un total de 6 establecementos: Cabanas da Barcela, Casa Brais, Hotel-Restaurante Rías Altas, Restaurante Pensión La Yenka, Fonda-Café Bar Moderno e Casa Nicanor. Cada un deles disporá dun total de 14 agasallos para as primeiras 14 persoas que fagan un consumo mínimo de 50€ (no caso de consumos en bares pode ser acumulado nos días que dura a iniciativa).
Como di a lenda, para que este opérculo teña efecto ha de ser atopado de maneira casual ou ben recibido como regalo, así que dende a asociación de Hostelería de Barreiros animan a que a cadea dos bos fortunios se estenda e regalemos ollomaos a todas aquelas persoas que teñamos en estima. Parellas ou non, sexa San Valentín ou non, calquera persoa e en calquera data, é ocasión para demostrarmos amor.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



