O Grupo Municipal Popular de Ribadeo tamén pedirá explicacións no vindeiro pleno sobre os incumprimentos no campo de Oteiro na Devesa ou no polideportivo da rúa Alfredo Deaño
Ribadeo, 14 de febreiro de 2023. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo pedirá explicacións ao goberno local do BNG no vindeiro pleno sobre as promesas incumpridas en materia de deportes. Nese sentido, os populares queren que o goberno do BNG explique aos ribadenses cando ten pensado investir no deporte e acometer as actuacións prometidas no local que emprega o club de piragüismo, no campo de Oteiro na Devesa e no polideportivo da rúa Alfredo Deaño.
O coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, sinala que “falabamos das promesas incumpridas deste goberno do BNG en relación ao campo de fútbol de Oteiro; pero non se quedan só aí. Prometeron investir no local que emprega o club de piragüismo, pero é outra promesa incumprida. Nin trazas nin intención de dar cumprimento a eses traballos. Prometen, prometen; pero ao final non fan nada. Todo queda niso: promesas”.
O popular pregunta, nese sentido, “por que o goberno do BNG non deixa que as propias entidades deportivas cubran as súas necesidades cando piden axudas a outra administración. Este goberno do BNG é coma o can do Hortelano, nin come nin deixa comer. Iso si: son rencorosos e malintencionados con aqueles que non lles bailan as gracias. Para iso si que están rápidos”.
“O noso grupo municipal levará todas estas cuestións ao vindeiro pleno” porque “seguiremos colaborando co deporte da nosa vila”, conclúe Tito Suárez.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


