Técnicos de AGACA e da USC explicarán como reducir as pegadas nas granxas de leite, segundo un estudo previo desenvolvido en 100 explotacións de Galicia
Santiago, 13 de febreiro de 2023. Os vindeiros 15 e 16 deste mes de febreiro, técnicos de AGACA da USC (Universidade de Santiago de Compostela) expoñerán a gandeiros de Ribadeo e Ames as claves para reducir as pegadas de carbono e hídricas nas súas granxas de leite.
O estudo “A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica” desenvolvido por AGACA e a USC levouse a cabo realizando medicións exhaustivas en 100 granxas galegas produtoras de leite cunha media de 88 vacas en fase produtiva (50 delas, na comarca de Chantada-Sarria; 28 na mariña lucense; 7 das Terras de Melide e 15 na comarca de Barcala- Bergantiños).
Tras publicarse as conclusións obtidas, agora iniciase unha etapa de comunicación directa aos gandeiros e gandeiras para que poidan aplicar as recomendacións dos expertos.
Proximamente realizarase esta actividade en instalacións da cooperativa Aira.
Programa :
12:00 h. Explicación do proxecto, que é a pegada de carbono e hídrica, métodos de cálculo, melloras para reducir as pegadas e rolda de preguntas. Relatores: Javier Martínez e Francisco López, técnicos de AGACA.
13:00 h. Interpretación dos resultados. Relator: Eduardo Entrena, membro do grupo BioGroup USC e rolda de preguntas.
O proxecto
O estudo “A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica” enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) en calidade de organismo intermedio deste programa, cofinanciado por FSE.
Contou co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



