”España es Madrid y Madrid es España”, Díaz Ayuso dixit. A chave territorial do supremacismo castelán, hoxendía convertido no supremacismo dun Madrid que xa papou Castela enteira e vai camiño de papar a península ibérica toda, estrutura a propia fasquía dos valores imperantes nunha política e nunha sociedade, afastándoos dos propios da democracia liberal. Polonia e Hungría, cando non Rusia ou China, non están tan lonxe.
A comezar polos dereitos fundamentais da persoa como é o voto. Son- somos- neste País e no Estado todo millóns os que votan por forzas non estatais. BNG, PNV, Junts, ERC, EH Bildu, CUP e Compromís quitan o 11% dos votos e 38 sobre os 350 deputados no Congreso estatal. E seica todas estas son opcións ilexítimas, que non poden sumar para constituir unha maioría, quer de investidura, quer de lexislatura, quer de goberno. Semella que só 312 das 350 contan para investir, lexislar e gobernar. Seica as persoas que os votan non teñnd ereito a formar maiorías de goberno.
A seguer pola lingua. Sabido é que vivir en galego é imposíbel na Galicia, mais tamén vivir en euskera ou catalán noutros lugares do Estado. Semella que todo o que non sexa castelán omnipresente e obrigatorio (o noso sempre é voluntario e subordinado) é de xente revolta ou de mal vivir. Ou, polo menos, de rariños e repunantiños.
Mentres, deféndese dende o Deep State a ilegal infiltración de polícias en organizacións sociais e cidadás e a espionaxe Pegasus a respecto de avogados e políticos. Continúa a implacábel aplicación do Dereito penal do Inimigo aos soberanistas cataláns, co Supremo interpretando que existe unha malversación agravada, cando non existiu ese arrequecemento persoal ou a prol de terceiro que o Dereito Internacional e o anovado Código Penal español esixen para esa malversación agravada. Dende o outono de 2018 é continúa a interpretación retorta dos Dereitos Penal e Procesual para perseguir persoas qu con máis ou menos acerto só fixeron política allea a todo acto de violencia ou intimidación.
Na Galicia, mentres, sofrimos nidias manifestacións de tratamento colonial (hai e houbo colonias europeas, lembren a Irlanda británica do século XIX, arestora independente e primeiro país europeo en crecemento económico), no mantemento de estruturas extractivas como a fábrica de ENCE, a enxurrada eólica ou unha peaxe obrigatoria na nosa fulcral vía de conexión intraterritorial do País, a AP-9, cando as ciudades castelás e andaluzas están unidas entre si por autovías de balde.
Cando o democrático sería o illamento social e político da extrema dereita de Vox (clara ameaza para os nosos dereitos políticos, culturais e sociais) as grandes media madrileñas, o deep state e as forzas políticas estatais normalizan e branquean á devandita extrema dereita e deslexitiman aos que son diferentes na súa referencia nacional. Como se fosen-fósemos-cidadanía de segunda.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



