Esixen á Xunta medidas para a recuperación da Atención Pediátrica e a redución das listas de espera, así como o compromiso de convocar cada ano o 100% das prazas MIR autorizadas polo Goberno do Estado
Lugo, 25 de febreiro de 2023. Os socialistas emprazan ao Goberno de Alfonso Rueda a escoitar á sociedade galega e atender as reclamacións de mellora na sanidade pública, tralo éxito da multitudinaria manifestación do pasado 12 de febreiro en Santiago de Compostela.
O Grupo Socialista da Deputación de Lugo “ten un compromiso firme e inalterable en defensa dos servizos públicos, nomeadamente da Sanidade, polo que demandará ao Goberno galego no vindeiro Pleno ordinario, que se celebrará este martes, “un plan urxente de melloras na Atención Primaria que inclúa o compromiso de dedicar a este eido o 25% do orzamento sanitario, como recomenda a OMS”.
Os socialistas esixen á Xunta medidas para a recuperación da Atención Pediátrica e a redución das listas de espera, así como o compromiso de convocar cada ano o 100% das prazas MIR autorizadas polo Goberno do Estado.
Dende o PSdeG solicitan “a recuperación dos cadros de persoal dos PAC e centros hospitalarios afectados polos recortes, unha política de persoal que cubra as baixas por vacacións, enfermidade e xubilacións, e a fin da temporalidade, que leva ós profesionais a firmar contratos por horas, días ou semanas”.
Ante o clamor da xente, a resposta da Xunta foi “decepcionante”
A multitudinaria manifestación do día 12 foi a expresión das queixas que se veñen rexistrando nos últimos anos, en Lugo e no resto das provincias galegas, por mor das políticas de recortes e a mala xestión do PP.
Ante o clamor da xente, a resposta do Goberno da Xunta foi de novo “decepcionante”, co seu Presidente “anunciando xa antes da manifestación que el ese día tiña previsto desfrutar dun cocido”. “Parece que os problemas dos galegos e galegas son tan nimios que o seu máximo responsable ben pode marchar de festa”, lamentan os socialistas.
O PSdeG incide en que ao longo deste mandato presentou no Pleno da Deputación de Lugo de xeito reiterado iniciativas que recollían as necesidades dos cidadáns da provincia. “Mocións que falaban de falta de pediatras, de déficits na Atención Primaria, de centros sanitarios con consultas pechadas, de persoal sobrecargado de traballo ou de veciños do rural que non teñen acceso á atención sanitaria na súa vila, e sempre atopamos a negación da realidade e o desdén cara a poboación como resposta dos populares lucenses”, asegura.
Reclamar políticas sanitarias que garantan a atención de calidade
A sociedade galega saíu á rúa o día 12 de febreiro, recalcan os socialistas, “para manifestar o seu desacougo coa situación da sanidade pública na nosa comunidade. En contra do que se dixo dende a Xunta e dende o Partido Popular, a manifestación que xuntou a decenas de milleiros de persoas en Santiago foi unha expresión de cansazo social ó marxe de intereses partidistas ou sesgos ideolóxicos. Xuntáronse para reclamarlle á Xunta políticas sanitarias que garantan a atención de calidade para os e as pacientes e unha carreira profesional digna para o persoal sanitario”.

















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



