Ribadeo, 7 de marzo, 2023. Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as resolucións concluíntes de esa institución.
A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.
O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :
«Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao expediente.
O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que multiplicaría os impactos do proxecto inicial.
Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art. 7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro.
Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de Ribadeo, que ‘os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva; e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no outorgamento de licenzas como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a lexislación urbanística’.
O Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio».
Agora Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de Impacto que esixe a lexislación devandita.
En consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei, rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos apartamentos e da cafetería da Illa Pancha.»





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



