Celebrou as medidas aprobadas no plano laboral, así como para dar resposta á diversidade das mulleres, e apelou a estas políticas para contribuír a unha Europa feminista
Lugo, 8 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o firme compromiso do Goberno coa promoción e protección dos dereitos das mulleres, a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coas políticas públicas que resolvan as desigualdades que enfrontan as mulleres. Isabel Rodríguez, que leu esta mañá un manifesto na Subdelegación do Goberno con motivo do Día Internacional da Muller, enfatizou que España consolídase como un país feminista e advertiu que segue habendo importantes retos pendentes.
Isabel Rodríguez fixo referencia á violencia contra as mulleres e ás diferentes iniciativas lexislativas impulsadas polo Goberno para ofrecer recursos a todas as vítimas das violencias machistas. Así, destacou a Lei de garantía integral da liberdade sexual que vai supoñer o despregamento por todo o territorio de centros de crises 24 horas con servizos de asistencia psicolóxica, xurídica e social que van permitir acompañar ás vítima; o Plan Camiño, o primeiro plan de inserción para mulleres vítimas de trata e explotación sexual, dotado con máis de 200 millóns de euros; ou o reforzo do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cunha partida histórica que chega aos 320 millóns de euros.
Así mesmo, a subdelegada celebrou as medidas aprobadas no plano laboral polo Executivo Central como a subida do SMI, o recoñecemento dos dereitos laborais das traballadoras do fogar, a aprobación da igualdade retributiva, así como da redución dos contratos temporais e a precariedade provocada pola reforma laboral.
Igualmente, puxo en valor a resposta decidida do Goberno para atender a diversidade das mulleres e as súas necesidades e contextos. Deste xeito, lembrou que as mulleres con discapacidade viron por fin materializarse en España unha reivindicación histórica coa eliminación das esterilizacións forzosas; aprobouse a Lei de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo, que blinda o aborto libre, seguro e gratuíto; e recoñeceuse o dereito á autodeterminación de xénero para as persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
Por último, a subdelegada apelou a estas políticas feministas para contribuír tamén a unha Europa feminista como unha casa común de dereitos e liberdades.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



