O 16 de agosto de 2010 non foi un día calquera en Ribadeo. Houbo festa e saíron os Cocos, pero a festa sentiuse tamén doutro xeito máis profundo, nun lugar menos festeiro que San Roque, na oficina de turismo. Foi o día de presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’, festa esperada con motivo da que non saíron os cocos, senón que quizais por primeira vez foron visitados nos seus actuais apousentos, a oficina de turismo construída no que eles viron durante moito tempo como ‘a horta de Boado’.
O libro é unha homenaxe a esta familia ribadense, a máis alta e divertida con diferencia. A súa aparición marcou unha festa polo esperado. Pero non só por iso. Para os cocos foi algo máis, foi o recoller a súa historia, que en parte xa amplamente coñecida antes do libro, pero que en xeral estaba desperdigada, e gardada en anacos nas cabezas de moita xente, agrupando nelas Cocos e a propia historia de cada persoa depositaria de lembranzas. Foi esa parte máis entrañable a que viu a luz, agora xa para sempre.
O libro deixa marcado o pasado dos Cocos, fíxao, evita que se esquezan moitas vivencias. Pero tamén, e sobre todo, proxecta o seu futuro, mesmo sen intención de facelo. E é que en conxunto son moitas cousas, a historia dunha longa vida enteira, a que queda plasmada. E coa súa difusión, queda unha impronta de responsabilidade no pobo de Ribadeo respecto do futuro da familia que forma parte dende xeracións do imaxinario ribadense. Cóntase no libro que os Cocos teñen pasado por vicisitudes diversas, dende longos anos sen aparecer ata a morte de parte da súa prole. Cóntase que para construílos e para mantelos se necesitaron cartos, e quen os deron. Cóntase que a súa percepción en Ribadeo ten cambiado ó longo da súa existencia. E agora, o ver por escrito toda esta información, ou as fotos que os sitúan e unen a Ribadeo en conxunto, pero tamén a moitas familias en particular, o pobo de Ribadeo vese impelido a tentar que os Cocos non volten a sufrir de novo vicisitudes. Atrancos como os que hai pouco máis dunha década facían que Gilberto, un dos artífices do libro, dixera na ‘Comarca del Eo’ por varias veces que ou se mantiñan os coidados á familia coqueira ou había que temer pola súa desaparición.
O libro xa propiciou un recoñecemento a algunhas das persoas que doaron cartos ou tempo e traballo. Dalgún xeito, foi o recoñecemento da dignificación desas persoas colaboradoras, e abriu a porta tamén á posibilidade de que as novas accións xenerosas levarán ás persoas que as realicen a un status semellante, acadando o prestixio xeral en Ribadeo e o recoñecemento da súa labor.
Que o como se ven os Cocos vai variando co tempo é un feito, pero o libro ven a ser algo así como o documento de identidade que lles facía falta para pasar de ser insignes ribadenses, marqueses da Atalaia, a xente do pobo, uns máis, coas súas costumes e manías, a súa vida apartada e ó tempo, bullangueira nas súas saídas. Pola homenaxe ó seu pasado que é o libro, os Cocos teñen así un recoñecemento do seu dereito a unha existencia íntima con Ribadeo e esplendorosa no seu futuro.
Antonio Gregorio Montes

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



