Patricia Otero rexeita a prohibición desta arte de pesca en augas comunitarias e reclama unha “visión construtiva, máis equilibrada e estratéxica para desenvolver un sector rendible, moderno, eficiente e sostible”
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamoulle hoxe á Xunta que “pase das palabras aos feitos” na defensa da pesca do arrastre galego fronte á prohibición desta arte de pesca que quere impoñer a Comisión Europea. A responsable socialista interveu na comparecencia da conselleira de Pesca hoxe no Parlamento para afearlle que teña feito “moitos titulares pero poucas actuacións concretas”.
A responsable socialista criticou os “vaivéns” do goberno galego dende o anuncio do veto á pesca de fondo en 87 zonas pesqueiras, primeiro anunciando que presentaría recurso ante a xustiza Europea, para a continuación “recuar” e deixar que o presentara o Estado en solitario. Despois “dixeron que se presentarían como parte coadxuvante do sector”, pero o prazo para tomar esta decisión rematou onte “e nada máis soubemos” á espera de que remate a prórroga de 10 días.
Otero ofreceu o apoio do PSdeG ao goberno galego na defensa do sector do arrastre galego, e reivindicou a intervención do ministro de Pesca no Consello de Ministros da UE celebrado onte en contra da “demonización” desta arte de pesca imposta pola Comisión Europea. Advertiu que a prohibición comunitaria impón unha “cronoloxía precipitada e pouco realista, que carece de respaldo científico sólido e dunha análise do impacto socioeconómico”.
Defendeu o arrastre “sostible” que está a empregar a flota galega, cun impacto “moi baixo ou case nulo” sobre o medio, grazas ás medidas de protección impostas polo goberno do Estado e polo propio sector. O goberno ten limitado o uso do arrastre fondos areosos ou fangosos e prohibindo o arrastre peláxico ou semipeláxico, mentres o sector está a demostrar ser o primeiro interesado en protexer o medio con portas voadoras con menor consumo e menor interacción co fondo.
A parlamentaria socialista sinalou que, como resultado destas medidas, os recursos biolóxicos atópanse en “boa situación biolóxica, cando non en proceso de recuperación”. Reivindicou unha visión construtiva, “máis equilibrada e estratéxica” para desenvolver un sector “rendible, moderno, eficiente e sostible”, que combine a defensa do medio ambiente co impacto económico e social.
Advertiu ademais que a prohibición da pesca de arrastre impulsa a entrada de produto procedente de terceiros países cunhas medidas medioambientais “moito máis flexibles” e máis lesivas para o medio mariño.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



