Estas melloras súmanse ás impulsadas polo Goberno de España con 1,9 millóns de euros no litoral da Mariña, en municipios como Foz, Barreiros, Burela ou O Vicedo
Ribadeo, 30 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, avanzou hoxe que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará novas actuacións na praia do Cargadoiro, no concello de Ribadeo, poñendo de manifesto o compromiso do Goberno de España co mantemento e a mellora do litoral da Mariña lucense.
O Servizo Provincia de Costas vén de adxudicar por un orzamento de 46.500 euros as obras rehabilitación e acondicionamento do único acceso ao areal, situado á marxe esquerda da desembocadura da ría de Ribadeo, afectado por un esvaramento de terras que provocou o conseguinte baleirado e falta de apoio da estrutura que da soporte ás escaleiras.
A subdelegada asegurou que con estas actuacións dáse resposta inmediata a unha demanda da veciñanza, permitindo aos usuarios e turistas empregar de novo este espazo natural. “O obxectivo é que a praia do Cargadoiro se atope no estado óptimo para o inicio da tempada estival, ao tratarse dun dos numerosos enclaves turísticos cos que contamos en Ribadeo, ofrecendo o mellor servizo e seguridade aos bañistas”, engadiu.
Así mesmo, Isabel Rodríguez afirmou que estas melloras constatan a aposta e sensibilidade do Goberno Central coa mellora das praias do litoral da Mariña, onde se están impulsando ademais proxectos de protección e rexeneración da costa por valor de 1,9 millóns de euros, en municipios como Foz, Barreiros, Burela ou O Vicedo.
Os traballos previstos consistirán na reparación e consolidación da estrutura que da soporte ás escaleiras, ademais da remodelación desta infraestrutura, o que redundará nunha mellor protección fronte á ondada. Estas reparacións, que se iniciarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de dous meses, lévanse a cabo nesta época do ano para non correr o risco de que se produzan temporais que afecten a estas zonas, o que supoñería que a intervención quede sen efecto.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



