Foz, 30 de marzo de 2023. O alcalde e a concelleira de Cultura de Foz, Fran Cajoto e Inés López, presentaron hoxe, xoves, a Primavera Cultural. Este programa de actividades que se vai desenvolver ata finais de maio inclúe a segunda parte do ciclo Teatro nas Parroquias, que “está en marcha desde novembro con actuacións das compañías de teatro afeccionado de Foz e continúa agora con máis teatro e monólogos profesionais”, explica López Couto.
O 12 de abril na Casa da Cultura focega haberá teatro infantil a cargo de Tarabelos. E o sábado 15 celebrarase a Festa do Berberecho no porto coa actuación da orquestra El Combo Dominicano. Ese mesmo día na Sala Bahía haberá un monólogo a cargo de Federico García. O domingo 16 en San Acisclo actuará o actor Pepo Suevos e o día 23 haberá teatro infantil na Casa da Cultura a cargo de Caxoto. A programación continuará o mércores 26 coa presentación do novo libro de Paco Rivas na Casa da Cultura. O sábado 29 actuará o actor Avelino González en Nois, mentres que na Sala Bahía terá lugar o Festival Contra o Cancro con Mar Aberto e Rondalla Latexos. E ao día seguinte Avelino González estará en Vilaronte.
Xa en maio o domingo 7 terá lugar en Vilaronte a segunda edición do mercado de produtos locais Aos pés de Cornería. O día 13 a Banda de Música de Foz ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas. O domingo 14 Avelino González actuará en Fazouro e o día 18 na Casa da Cultura haberá un espectáculo infantil especial Letras Galegas a cargo de Caxoto. Do 19 ao 21 celebrarase a Festa do Bispo Santo e os días 20 e 21 terá lugar en Nois a Festa das Flores.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



