Demanda que logopedia e terapia ocupacional sexan incluídos na carteira pública de prestacións do Hospital da Mariña
Burela, 15 de abril de 2023. Dende CIG Saúde A Mariña, defenden a logopedia como ferramenta de atención á diversidade, pois encárgase da prevención, o estudo, o diagnostico e a rehabilitación das alteracións da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz, a audición e das funcións orais asociadas (respiración, mastigación e deglutición), etc. estimulación que, nos primeiros anos de vida é fundamental, xa que é nese período cando o cerebro é máis permeable.
Dende a CIG-Saúde A Mariña denuncian que “que a prestación sanitaria está contratada cunha clínica privada de Burela con importantes listas de agarda”, e que “sen a correcta atención, moitos nenos e nenas non chegan a desenvolver o seu potencial ao máximo, problema que tamén afecta á poboación adulta após sufrir diversas patoloxías como ICTUS ou ACVs”.
“Na Mariña, explican, xa sufrimos as consecuencias de deixar en mans privadas prestacións sanitarias básicas, mais o SERGAS teima en cometer o mesmo erro en vez de apostar por unha logopedia cen por cen pública. Se outros hospitais públicos dispoñen de logopedia na súa carteira de servizos e prestacións cal é o motivo para discriminar aos mariñaos e mariñás? Somos cidadáns de segunda? Son estes os máis e mellores servizos prometidos coa ampliación do noso hospital?”, pregúntanse dende a CIG.
Por todo o anterior dende a central sindical demandan que logopedia sexa incluída na carteira de servizos e prestacións do Hospital da Mariña, que sexa cen por cen pública e que se dote dos recursos humanos, a lo menos dúas Logopedas, e recursos materiais.
TERAPIA OCUPACIONAL
CIG Saúde A Mariña reivindica tamén que os mariñaos e as mariñas teñan os mesmos dereitos sanitarios que os de Lugo, cun reparto xusto e equitativo dos recursos económicos, humanos e materiais que contemple a prestación de terapia ocupacional do mesmo xeito que no HULA, dotando ao Hospital da Mariña de 2 Terapeutas Ocupacionais como mínimo.
Os seus ámbitos de intervención están entre outros en:
-Educación sanitaria: Promoción da saúde, Prevención da saúde e Determinante de conduta.
-Sanitario: Atención especializada, atención en agudos, atención en unidades hospitalarias, atención en media estancia, atención en Hospital de Día atención ambulatoria, atención en unidades de desintoxicación e atención primaria.
A/o terapeuta ocupacional emprega a actividade de forma terapéutica para a prevención da enfermidade e/o a discapacidade, o mantemento da saúde e a rehabilitación da funcionalidade perdida nas áreas de autocoidado (vestido, hixiene, alimentación, etc), laboral, educativa, lúdica e de lecer, cando existe algún tipo de problemática de carácter físico, cognitivo e/o sensorial.
A/o terapeuta ocupacional avaliará tamén as condicións contextuais que puidesen afectar á participación da persoa nas súas actividades da vida diaria, tomando en consideración, por exemplo, as barreiras arquitectónicas, as condicións de accesibilidade, ou as variables de exclusión social, para adaptar ou modificar a contorna para conseguir a maior independencia posible.
Para exemplificar a falta deste persoal fixo referencia por exemplo a atención nos ICTUS, na rehabilitación, en saúde mental, na Atención Primaria, etcétera. “Debería contar cun equipo multidisciplinar e axeitado para a atención e asistencia”, dixo, “porque está demostrado que unha abordaxe terapéutica precoz dispensada por un equipo multidisciplinar é moito máis eficaz para que a/o doente alcance o máximo nivel de integración social e teña unha pronta recuperación”.
Dende está central sindical “levan esixindo á Dirección do Hospital da Mariña e tamén á Dirección da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, a súa inclusión na carteira de servizos da sanidade da Mariña, obtendo sempre unha resposta negativa e incluso burlesca sobre a importancia destas profesionais na sanidade pública da Mariña”.
“Isto obriga aos usuarios e usuarias a pagar se dispoñen de recursos económicos a atención na sanidade privada”, sinalan. Ao mesmo tempo pregúntase “de que serven máis metros cadrados de ampliación sen máis prestacións sanitarias cunha dotación axeitada de medios humanos e materiais”.
PLAN INTEGRAL
O sindicato nacionalista reclama máis unha vez a posta en marcha dun Plan urxente e integral para abordar a creación destes servizos e evitar ter que acudir á sanidade privada.. “Un plan que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas privatizadoras e de destrución da sanidade pública na Mariña, e que dote de persoal (terapeutas ocupacionais e logopedas) e medios materiais ao Hospital da Mariña e os centros de saúde”.
“Deste modo obteriamos un dobre obxectivo: crear emprego de calidade na comarca e prestar un servizo de terapia ocupacional e logopedia 100% público e de calidade”, conclúen.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



