A Deputación presentou neste encontro E para Vivir Lugo, un innovador proxecto que desenvolverá 12 liñas de traballo para fixar e recuperar habitantes nos concellos rurais da provincia, especialmente nos de menos de 5.000 veciños
Lugo, 20 de abril de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o xornalista Manuel Campo Vidal, inaugurou este xoves a xornada Reto Demográfico na provincia de Lugo, organizada pola institución provincial no Salón de Actos do Pazo de San Marcos para expoñer accións e debater propostas entre as administracións públicas e o sector privado, co obxectivo de buscar sinerxías e aportar solucións na loita contra o despoboamento. O congreso, que contou coa presenza de numerosos alcaldes e alcaldesas, reuniu a numeroso público.
Na apertura da cita, José Tomé agradeceu a colaboración de concellos, universidades, organizacións sociais e empresas lucenses pola súa participación nesta xornada. “Nos últimos catro anos tiven o pracer de coincidir en diferentes ocasións con moitos dos asistentes a esta xornada e debater con eles asuntos relacionados co reto demográfico”, foros e encontros nos que o Presidente sempre fixo fincapé en dúas cuestións. Por un lado, “mostrar o compromiso decidido da Deputación na defensa do rural como postura esencial para reverter as tendencias demográficas negativas que sufrimos”, e, por outro,, sinalou, “o rexeitamento ao uso de termos como “España baleira” e similares, porque “transmiten a impresión de que o noso mundo rural non ten nada que ofrecer, cando é todo o contrario”.
Baixo estes dous parámetros, recalcou, a Deputación promoveu esta xornada, “proactiva, propositiva, na que se presentan accións concretas para fixar e recuperar poboación no rural”.
Ao longo da mañá, a Deputación dá a coñecer as súas novas accións neste ámbito, “que empregan as novas tecnoloxías e que apostan por xerar sinerxías entre realidades aparentemente tan diversas como o medio ambiente, o turismo, o patrimonio cultural, a actividade empresarial ou o emprendemento”, explicou José Tomé.
O Presidente sinalou que o rural “precisa que as administracións garantan o acceso en plena igualdade aos servizos públicos básicos de educación, sanidade, conciliación e atención á terceira idade. Sen servizos públicos, sen comunicacións, o rural non pode ter futuro”. Argumentou Tomé Roca que o rural precisa un traballo conxunto das administracións, “que implique ao conxunto do aparato do Estado”, pois “as dimensións dos nosos concellos rurais impídenlles optimizar por si mesmos os recursos dos que dispoñen”.
Puxo como exemplo que “un pequeno concello rural non pode ocuparse cos seus medios, nin recadar os seus propios impostos, conservar as súas estradas, manter os servizos sociais, nin deseñar unha oferta turística capaz de competir en igualdade a través das redes sociais para posicionarse con éxito nos buscadores de internet”.
Por iso, desde a Deputación “vimos defendendo e aplicando unha política de colaboración constante cos concellos, para axudarlles a ofrecer servizos básicos aos cidadáns; para desenvolver unha rede de centros de atención a persoas maiores, que converte o reto do envellecemento nun motor de desenvolvemento económico e creación de emprego; ou xerando marcos de traballo que os conviden a colaborar á hora de deseñar plans de turismo conxuntos ou poñer en valor os produtos autóctonos”, sinalou.
Subliñou “o respaldo do Goberno do Estado, que, por primeira vez na historia, situou o reto demográfico como un dos piares fundamentais da súa axenda política”, pero “debemos seguir avanzando”, sobre todo porque “temos que cubrir os ocos que deixa unha administración autonómica que non fai todo o que debería polo rural porque non ten unha visión estratéxica das súas necesidades e do seu potencial”.
Así mesmo, o Presidente considera imprescindible “convencer ás autoridades europeas da necesidade de habilitar mecanismos que incrementen o traslado de fondos comunitarios ás administracións locais. Fondos que poden xestionar con eficacia as Deputacións provinciais, como administración que favorece a cohesión social e o equilibrio territorial a través da cooperación cos concellos”.
Finalmente, Tomé Roca desexou aos presentes unha boa xornada, da que dixo estar seguro “que resultará de proveito para todos e todas, e que, de novo, contribuirá a desterrar esa idea dun rural baleiro e substituíla pola dun vasto campo de ideas e de oportunidades”.
Impulso á economía verde
A alcadesa de Lugo, Lara Méndez, puxo en valor a Segunda Gran Transformación da cidade, que iniciaba no mandato pasado e na que “non só buscamos mellorar a calidade de vida da veciñanza, máis saudable, recuperando espazos para os peóns e apostando por unha nova mobilidade, reducindo o uso dos vehículos, senón tamén impulsamos un modelo produtivo, senda na que estamos a destinar a maior inversión da historia, buscando a innovación e a vangarda, a través dun fondo emprendedor municipal: Lugo Transforma, de 12 millóns de euros, que servirá de impulso á economía verde, ao talento e á creación de emprego sostible”.
Neste senso, apuntaba que “Lugo debe ser un lugar cómodo para vivir, onde a xente non se vexa obrigada a marchar pola falta de oportunidades” e lembrou que, “a pasada semana presentábamos InVerbis o terceiro proxecto que aterra no fondo, xunto a LexDigo e Innogando. Que crearán en torno a 120 postos de traballo directos. 120 oportunidades para os e as lucenses de encontrar un emprego de calidade, estable e unha opción para asentarse na nosa cidade”.
E para Vivir Lugo
Durante a xornada, a Deputación presentou E para Vivir Lugo, un proxecto innovador financiado con fondos europeos que involucra aos concellos da provincia, á Universidade e a organizacións sociais en busca de solucións innovadoras que aproveiten os recursos endóxenos das zonas rurais para convertelos en oportunidades, e deste xeito contribuír a fixar e recuperar poboación nestes territorios, con especial atención nos de menos de 5.000 habitantes.
O programa, que conta cun orzamento de preto de 300.000€, desenvolverá 12 liñas de actuación e comezará a implantarse nos concellos do Valadouro, Xermade e A Fonsagrada. Contempla accións como o fomento dun parque de vivendas, a creación de oficinas demográficas, un protocolo de acollida para captar novos poboadores, ou iniciativas de desenvolvemento económico atendendo ás fortalezas de cada concello.
Tamén inclúe liñas de axudas ós novos habitantes, a través dun Bono persoal, para cubrir gastos nos primeiros meses de asentamento na zona; ou un programa de becas a produtores e emprendedores para realizar visitas a eventos e feiras de prestixio nacional e internacional, e contribuír deste xeito a facer máis competitiva a súa actividade económica. Ademais, a institución celebrará a I Gala Provincial de Produtos Locais, que aglutinará nun mesmo espazo produtos de calidade e con denominacións de orixe da provincia de Lugo.
Por outra banda, a Deputación deu a coñecer o proxecto Aldealista, unha plataforma dixital da que forma parte para dar visibilidade aos atractivos turísticos das aldeas lucenses dos concellos de menos de 5.000 habitantes. O seu creador, Juan Carlos Pérez, explicou en San Marcos a funcionalidade desta ferramenta, que conta na actualidade coa presenza de 209 municipios galegos.
A institución está a colaborar cos concellos da provincia para facilitar o acceso a esta aplicación, así como aportando fotografías do banco de imaxes provincial. Ademais da parte dixital, o proxecto inclúe a colocación de baldosas en cada aldea, que dispoñen dun código QR con toda a información de interese para o visitante.
Charla e mesa redonda
O broche final á xornada porao o xornalista, sociólogo e presidente de Next Education, Manuel Campo Vidal, coa conferencia Territorio Rural Intelixente. Acto seguido, celebrarase unha mesa redonda formada por representantes de empresas líderes e referentes da provincia como Leite Río, Cafés Candelas, Estrella Galicia e Gadisa, e o sindicato Unións Agrarias. Os membros da mesa debaterán, entre outros asuntos, sobre as oportunidades e desafíos da implantación das novas tecnoloxías no ámbito rural, e o papel que xogan estas na transformación dixital cara o Smart Rural para facer fronte á sangría demográfica.
Finalmente, a cita será clausurada polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.






















A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.



