Un mando policial que desenvolveu até hai moi pouco tarefas de coordinación da seguranza pública nun Corpo de Policía autonómico referíame hai poucos meses que as necesidades da seguridade cidadá estaban a evoluir substancialmente tanto no cuantitativo como no cualitativo e que a planificación e resposta a estas necesidades tiñan de se radicar na proximidade. Para este experto cada país, cada territorio, habería prever e avaliar as súas necesidades. E, por suposto, non entendía como Galicia abortara o desenvolvemento da súa Policía despois de creala por lei no 2007.
Un policía nacional con destino na sala do 091 na Coruña denunciaba hai poucos días nun xornal galego a moi curta dotación policial na Coruña e, en xeral, na Galicia toda. “A Dirección Xeral da Policía non ten en conta a Galicia”, afirmaba. Seica precísanse na cidade 100 policías máis e só se van dotar unhas 20 prazas. Con 12900 delictos no 2022 a cidade herculina rexistra un 21,18% máis ca Vitoria-Gasteiz, capital de Euskadi (atendida de xeito integral em todas as súas necesidades pola Ertzaina), que porén, ten 9.000 habitantes.
No profesional, esta desatención tradúcese na case imposibilidade de que os funcionarios policiais galegos poidan desenvolver a sua carreira profesional no seu país durante bastantes anos. A mesma inxustiza profesional que sofren os funcionarios da Unidade adscrita á Xunta, privados da estabilidade que lles daría a integración na Policía de Galicia que determinou a Lei que creou o Corpo e segue incumprida.
Tamén o noso tránsito rodado e a seguridade pública no rural e rururbano teñen necesidades que non están a ser cobertas, malia a moi acaída competencia profesional dos funcionarios da Garda Civil em Galicia, por certo galegos na súa meirande parte. Mais a estrutura centralista e militar opera no tránsito un modelo recadatorio, no que Galicia é un teto no que chuchar. Segundo dados de 2015 e 2016 a Garda Civil de Tráfico impón 170.000 multas máis no noso País a respecto da media estatal, pois que impón 147 multas por cada 1.000 habitantes na Galicia e só 85 multas/1000 habitantes nos outros 13 territorios do Estado onde operou neses anos. Como acaídamente ven de escrebir o antigo deputado estatal do BNG Francisco Rodríguez esa estrutura centralista e militar non é allea a que os casos de corrupción precisamente abrollen no ámbito dos seus altos cargos militares. É evidente que a probada calidade técnica e profesional dos gardas civís galegos gañaría en eficacia e eficiencia de se integrar nunha Policía civil e democrática, baixo mando da Xunta de Galicia.
Pois logo xa é hora de atender dende nós propios a nosa seguranza. É hora de incorporarmos á axenda do galeguismo político a prioridade da seguridade pública. É hora de facer realidade a Policía galega.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



