Os populares din que o PP representa a unidade e a estabilidade política e institucional que precisa o municipio
A Pastoriza, 29 de abril de 2023. O PP concorre na Pastoriza ás eleccións locais que se celebrarán o próximo 28 de maio cunha lista tan renovada que nela so figuran dous membros da anterior. A presentación da candidatura que encabeza, Darío Cabaneiro, como candidato á alcaldía, levouse a cabo hoxe, en dous escenarios, por un lado, na Casa da Cultura, e, por outro, cunha visita á SAT Os Penedos coa participación do responsable de Medio Rural do Goberno galego, José González, e o coordinador do PP lucense e deputado autonómico, José Manuel Balseiro.
O candidato á alcaldía, Darío Cabaneiro, e o número dous da lista, Marcos García Lombardero -presidente da xunta xestora do PP da Pastoriza- explicaron que a lista popular é “moi renovada e moi representativa, tanto no que se refire ás parroquias como ao abano social”. É, indican, ·unha candidatura con moita xente nova, con moito empuxe; pero tamén con persoas con veteranía, que aportan a experiencia”. Como mostra do valor que dan á experiencia, no último lugar da lista figura o ex alcalde José Yáñez. É moi significativo tamén o feito de que o candidato á alcaldía é fillo do alcalde Cabaneiro, que levou a cabo a concentración parcelaria nos anos 60.
A Pastoriza necesita cambio, di Cabaneiro, “e este é o momento do cambio”. En canto á campaña, destaca que, polo que respecta ao PP, será “unha campaña totalmente limpa”.
O conselleiro de Medio Rural lembrou que aínda que o PP gañou as eleccións xerais en España gobernan as esquerdas “a través do desgoberno e a indecisión, tándem perigoso que nos trouxo, como era previsto, ao contexto que hoxe, desafortunadamente, estamos a vivir”. Avisou de que ” temos que ter claro que todos os galegos e as galegas poden identificarse no proxecto do PP de Galicia, porque somos un partido que sabe defender Galicia dentro de España”. Defendemos -dixo José González- “a nosa forma de ser, de vivir, de falar no idioma que queiramos e cando queiramos, defendemos as nosas tradicións e a nosa cultura”. Destacou: “Somos un partido moderado e de centro, xa que no centro é onde está a maioría dos galegos. E tamén queremos poñer á Pastoriza nese centro”.
Lembrou que o panorama político está fraccionado e, precisamente, “esta fracción é responsable de que partidos nun mesmo goberno xeren máis e máis fricción: fricción entre eles, fricción na sociedade, etcétera, ante a cal o único partido que pode ofrecer garantía na xestión é o Partido Popular”. A experiencia -engadiu- “de, nada máis nin nada menos, que 14 anos xestionando un Goberno autonómico, é o selo distintivo do Partido Popular, dentro e fóra de Galicia”.
Diante dos riscos que implica a división do voto, José González sinalou: “Puido haber un momento, hai catro anos, no que alguén, remotamente, dubidase. Pero xa non; xa non quedan dúbidas porque estes partidos afanáronse a demostrar, nestes anos, que non saben xestionar”. En Galicia, “hoxe somos exemplo de rigor e estabilidade; isto tamén pode ser así dentro doutros catro anos na Pastoriza, pero só pode ser da man de Darío Cabaneiro, candidato á alcaldía polo Partido Popular”. Rematou pedindo: “Poñamos no centro á Pastoriza elixindo a Darío, elixindo a boa xestión, elixindo o cambio para medrar, elixindo ao Partido Popular”.
Dende a dirección provincial do PP, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, sinalou: “O que necesita A Pastoriza é estabilidade política e institucional e iso pasa pola maioría absoluta do PP”. Lembrou que “na Pastoriza gobernaron estes anos os perdedores e foi un goberno que destacou polos desencontros entre o PSOE e o BNG”.
A LISTA NOME A NOME
1. Dario Cabaneiro Santomé
2. Marcos García Lombardero
3. Josefa Méndez Pena
4. Jesús Obarrio Pérez
5. Adrián Cendán Rodríguez
6. Pablo Bouso Souto
7. José Luis Iglesias Paz
8. Mónica García Mon
9. María del Carmen Lombardía Cando
10. Diego López Rodríguez
11. Eva Gacio Arias
Suplentes:
1. María Seco Reigosa
2. Iván Hoz Pérez
3. Marcos García Jartín
4. Nilo Felipe Fernández
5. José María Rigueiro Otero
6. David Gómez Prieto
7. Mario López Iglesias
8. José Yáñez García

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



