NOTA DE PRENSA:
Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación pola “economía sostible”
– O titular provincial participou na inauguración da cuarta edición do congreso ForestSat que este ano reúne en Lugo a preto de 200 investigadores de 32 países
– No encontro, que se desenvolve ata o 10 de setembro, realizaranse 80 presentacións orais nas que se presentarán as técnicas existentes para a mellora da xestión forestal
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este martes na inauguración da cuarta edición do congreso ForestSat 2010 “Ferramentas operacionais para o sector forestal en sectores remotos” que se desenvolve dende hoxe ata o 10 de setembro, e que reunirá en Lugo a preto de 200 persoas de 32 países. Durante o encontro, Gómez Besteiro destacou a aposta do organismo provincial pola “economía sostible, a mesma que o Presidente do Goberno de España resumiu como menos cemento e máis coñecemento. Quen coñecía a Deputación hai tres anos e a intenta recoñecer hoxe comprobará o xiro de 180 grados que lle demos neste senso”.
O titular provincial sinalou que o obxectivo da institución que preside é desenvolver económica e socialmente a provincia, apostando por proxectos destinados a converter o medio ambiente na oportunidade económica da provincia. Deste xeito, puxo como exemplos os programas europeos Lug02 – a través do que se desenvolve un XIS (Sistema de Información Xeográfica), se asesorou a xóvenes investigadores para constituir empresas de alimentación, se profesionalizou o turismo rural e medioambiental ou mesmo se executaron medidas para diminuir os impactos da carga gandeira-, o Pacto Provincial polo Emprego –co que se insertarán profesionalmente 540 desempregados da provincia-, e o Innova-TE –destinado a implantar a administración electrónica-.
Ademais do Presidente, no encontro tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, e outros cargos universitarios.
80 ponencias orais
Durante a celebración de ForestSat expertos investigadores presentarán e disertarán sobre as técnicas e métodos de teledeteción que permiten a mellora da xestión forestal e do territorio. En total, realizaranse 80 ponencias orais. Ademais, co motivo do Xacobeo, o 10 setembro está programada unha visita turística a Santiago de Compostela; cidade declarada en 1985 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
No congreso, que está organizado polo grupo de investigación e docencia do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), a Universidade de Santiago Compostela e o Forest Research (Centro de Investigación Forestal situado en Edimburgo, presentaranse ferramentas de captura de información de datos xeoespaciais aplicados ó sector forestal e daranse as claves para mellorar a accesibilidade á información a través de novas técnicas cartográficas. Tamén se avaliará a densidade arbórea existente e se debaterá sobre os beneficios da biomasa e das enerxías renovables.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



