O presidente clausurou este sábado xunto ao Alcalde de Burela a 19ª edición do encontro renovando o compromiso da Deputación coa fundación organizadora e coa celebración da cita
Lugo, 13 de maio de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, foi o encargado de clausurar xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, a 19ª edición da Feira Monográfica Expomar que se celebrou esta semana no porto da vila mariñana. No acto, celebrado na Nave de Redes, tamén participou a Concelleira de Servizos Sociais e Mar, Carmela López Moreno, e o xerente de Expomar, José Manuel González.
Na súa intervención, José Tomé Roca reivindicou a feira náutico pesqueira como “referente absoluto no coñecemento e defensa do sector pesqueiro” e renovou o compromiso da Deputación coa fundación organizadora e coa celebración da cita, así como coa xente do mar e o sector pesqueiro, subliñando que a pesca representa para Burela, para a comarca da Mariña e para toda a provincia “unha riqueza económica moi importante, que se mide na súa aportación ao Produto Interior Bruto, pero tamén unha riqueza social e cultural cun valor incalculable porque forma parte dos nosos sinais de identidade”.
“A pesca é un modo de vida que identifica un territorio, que crea actividade económica e emprego, que aporta produtos de calidade de alto valor para a nosa saúde e que, ó mesmo tempo, contribúe a promocionar a imaxe da provincia, enriquece a gastronomía, e polo tanto convértense tamén nun elemento dinamizador de sectores como o de servizos, e nomeadamente o do turismo”, incidiu o mandatario provincial.
Recoñeceu tamén o traballo da fundación, que este ano recuperou a Feira Monográfica Nautico-Pesqueira paralizada dende o 2020 pola crise sanitaria. Este encontro congregou a numerosos expertos e público xeral que se achegou a coñecer as novidades do sector a este recinto feiral.
José Tomé desexou que as conclusións obtidas nesta edición teñan percorrido e que cheguen mesmo ás autoridades comunitarias, que, “como vemos nos últimos tempos, parece que están lonxe da realidade dun sector que é fundamental para o presente e para o futuro de Burela, da comarca da Mariña e do conxunto da nosa provincia”.
De forma paralela á feira, desenvolveuse a 30 edición das Xornadas Técnicas e a 24 edición do Encontro Empresarial, dous eventos que anualmente engaden interese para os profesionais e todas aquelas persoas vinculadas ao mundo do mar e da pesca.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
