Durante o encontró, Gómez Puente puxo en valor a visita do Conselleiro como un compromiso máis da Xunta de Galicia con Barreiros e cos veciños. Neste sentido, o candidato considera fundamental o apoio da Xunta de Galicia para conseguir a depuradora de San Miguel e Reinante, porque, entre outras cosas; “sen ela a praia de Arealonga seguirá estando pechada ao baño nunha parte”. Gómez Puente explicoulle ao conselleiro que os núcleos de San Miguel e Reinante carecen de sistemas adecuados de depuración, pois as respectivas depuradoras están obsoletas, e os problemas quedan en evidencia, sobre todo en tempada estival polo aumento da actividade turística.
O candidato do PP á alcaldía de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, estuvo arroupado hoxe polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López-Prado, no reparto de propaganda electoral

O candidato do PP á alcaldía de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, estuvo arroupado hoxe polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López-Prado, no reparto de propaganda electoral
Relacionado
-
O Museo Etnográfico de Trabada acolleu este sábado a xornada “Saberes e Sabores do Eo”
-
Este venres desenvolveuse nun día sollleiro a excursión ao Labirinto de Rinlo que planificaron os Concellos de Alfoz e Valadouro para promover alternativas de lecer e fomentar a convivencia na rapazada dos dous concellos que integran o val
-
Falece un home en Viveiro logo de ser rescatado da auga