Alfoz, 18 de maio, 2023. Coa obra Están chovendo flores, o escritor alfocés resultou gañador do certame de textos teatrais convocado polo colectivo coruñés.
É a primeira vez que este narrador, autor das novelas A raíña das velutinas (Xerais, 2017) e A montaña do poeta (Xerais, 2022), escolle a escrita teatral para a creación literaria, e iníciase no xénero cunha comedia con intriga dividida en tres actos, pensada para un público do ámbito da Educación Primaria.
O xurado valorou desta obra, especialmente, a adecuación ao público ao que vai dirixida, a calidade da lingua empregada, o tratamento dos espazos e o xogo humorístico.
A Agrupación Cultural “O Facho” é unha entidade con seis décadas de historia, especialmente vinculada ao fomento do teatro galego, que mantén ao mesmo tempo unha intensa actividade en defensa da lingua e a cultura; ao longo da súa traxectoria chegou a contar co seu propio grupo de teatro.
O acto de entrega do premio terá lugar na Coruña o próximo día 26.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



