Ribadeo, 22 de maio de 2023. Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila.
O xurado profesional, composto por César Couceiro, Elisabet Castro e Iago Álvarez, resolveu que os gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo sexan os seguintes:
-1º premio: Bar Queimada coa tapa Eijo
-2º premio: Ramonita coa tapa Ravioli de cocido gallego
-3º premio: El Oviedo coa tapa Xiba, lentella, caviar e manteiga café
-A Tapa Ribadeo foi para o Molete mariño do restaurante Marinero e recibiu unha mención especial por ser pensada para todo o público, por empregar na súa elaboración produto de proximidade e pola súa creatividade a Oda á terra do Kalpa Amodiño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, agradece “a participación de todos os establecementos hostaleiros que quixeron estar presentes coas súas creacións nesta décimo sexta edición do Ribadeo de Tapeo, que un ano máis foi un éxito. Os locais despacharon milleiros de tapas ao longo das nove xornadas nas que se desenvolveu o concurso, polo que a valoración que facemos do Ribadeo de Tapeo 2023 é moi positiva”.
Queda pendente de coñecerse a tapa elixida polo público. O seu nome así como o das persoas premiadas sairá das urnas instaladas nos locais participantes e nas que o público deixou as súas preferencias e os seus datos persoais. O Concello de Ribadeo fará públicos ao longo dos vindeiros días os seus nomes.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


