A presidenta provincial destaca que “son perfís cunha extensa traxectoria política e con experiencia en xestión, tal e como defende, di, o proxecto que lidera Núñez Feijóo”
Lugo, 14 de xuño de 2023. “Temos os mellores candidatos para contribuír dende Lugo ao cambio en España”. Así o manifesta a presidenta provincial, Elena Candia, logo de que o Comité Electoral aprobase as listas electorais para o Congreso dos Deputados e o Senado e coas que o PP de Alberto Núñez Feijóo concorre ás eleccións do vindeiro 23 de xullo.
Neste senso, a máxima mandataria provincial subliña que “son perfís cunha extensa traxectoria política e con experiencia en xestión, tal e como defende, di, o proxecto que lidera o noso presidente nacional”.
“Son candidatos e candidatas que traballarán para desbancar ao sanchismo do Goberno e, en consecuencia, para facer valer a nosa provincia no conxunto de España que, como todos os lucenses sabemos, estivo fortemente castigada durante estes anos tanto por Pedro Sánchez, como polos deputados do PSOE que representaban a Lugo”, manifesta.
A popular sinala que os integrantes da lista, que combina renovación con experiencia, pisarán a provincia de norte a sur, e de leste a este, porque, apunta, “basta xa de que todos os proxectos comprometidos para a provincia quedasen metidos nun caixón ou en vez de melloralos, os empeorasen”. É o caso di, da actuación do actual Executivo respecto do viaduto da A-6. “Se o que querían é cabrear a transportistas e usuarios, dende logo que o conseguiron”. Por iso, engade, “o precisamos é un Goberno que dea solucións e non que cree problemas; un Goberno que impulse as infraestruturas e non as paralice; un Goberno que cree industria e non que a destrúa… e así poderiamos seguir…”, afirma.
LISTAS AO COMPLETO
As listas aprobadas para as respectivas Cámaras son as seguintes:
Ao Congreso:
1. Francisco Conde López
2. Jaime de Olano Vela.
3. Cristina Abades Martínez
4. Mercedes Rodríguez Moreda
Suplentes
1. Alberto García Fernández (Mondoñedo)
2. Monserrat Seijo Díaz (Ribadeo)
3. Sagrario Sánchez Ramil (Lugo)
4. Carlos Vázquez Pena (Lugo)
5. Mar Carballas Piñeiro (Lugo)
Francisco Conde López (Monforte de Lemos, 1968). Doutor en Economía da empresa pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Foi profesor de Estrutura Económica na Universidade CEU San Pablo (CEU-USP). En 2009 foi nomeado asesor do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e desde o día 2 de decembro de 2012 ata xuño de 2023 vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía e Industria.
Jaime de Olano Vela (A Coruña, 1970). Licenciado en Dereito. Deputado das X, XI, XII, XIII e XIV Lexislaturas no Congreso dos Deputados do Grupo Parlamentario Popular pola provincia de Lugo.
Desde xuño de 2022 é Coordinador da Área Económica e Tesoureiro na Dirección do Grupo Parlamentario Popular no Congreso. Vicesecretario de Participación do Partido Popular dende xullo do 2019 ata xuño de 2022. Portavoz Adxunto na dirección do Grupo Parlamentario Popular dende xullo de 2018 ata xullo do 2019. Previamente exerceu como portavoz de orzamentos desde xaneiro de 2015, ademais de asumir outras responsabilidades no Congreso. Concelleiro da corporación municipal do Concello de Viveiro desde maio do 2011 ata maio do 2019 e presidente da xunta xestora do PP local dende xaneiro do 2019 ata novembro do 2021.
Cristina Abades Martínez (A Coruña, 1971) Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e diploma de directivos da Xunta de Galicia. Foi funcionaria do Concello de Cervo como letrada-asesora, secretaria-interventora do Concello de Paradela, secretaria interina do Concello de Cervo, subdirectora da asesoría xurídica da Deputación de Lugo, xefa territorial da Consellería de Política social en Lugo; actualmente é xefa de área técnica de Emerxencias da Xunta en Lugo. Concelleira do grupo municipal do PP de Lugo (2019-2023), é vicesecretaria de Acción Social e membro do comité executivo provincial do Partido Popular.
Mercedes Rodríguez Moreda (Foz, 1971). Licenciada en Dereito pola USC; premio extraordinario da licenciatura. Dende 1995 exerce a avogacía por conta propia en Foz; de xuño de 1997 a outubro de 1999 compatibilizou o exercicio da avogacía coa asesoría xurídica da Organización de Productores Pesqueros de Lugo, da que foi directora-xerente de novembro de 1999 a decembro de 2016. Do 30 de decembro de 2016 ata o 26 de maio de 2022 foi directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, da Consellería do Mar. O 2 de xaneiro do 2023 reincorporouse ao seu despacho profesional. É membro fundador do consellos consultivos rexionais das Aguas Occidentales del Noroeste e das Aguas Suroccidentales, así como do Consejo Consultivo Regional de Larga Distancia. Concelleira electa en Foz.
Ao Senado:
1. José Manuel Barreiro Fernández (Lugo)
S1. Enrique Rozas (Lugo)
S2. Sara Ruíz Rubio (Lugo)
2. María José Gómez Rodríguez (Guntín)
S1. José Manuel Balseiro (Cervo)
S2 Cristina Fernández (Lugo)
3. Juan Serrano López (Portomarín)
S1. Manuel Rouco López (Burela)
S2. Paula Gesto Díaz (Vilalba)
José Manuel Barreiro (Lugo, 1957). Licenciado en 1983 en Ciencias Económicas e Empresariais, disciplina na que é doutor e catedrático de Universidade. Foi deputado no Parlamento galego entre1997 e 2007; conselleiro de Medio Ambiente entre xaneiro do 2003 e agosto do 2005 –ademais de Vicepresidente da Xunta entre setembro do 2004 e agosto do 2005-; portavoz do Grupo Parlamentario Popular entre o 2005 e o 2007; concelleiro no Concello de Lugo e portavoz do Grupo Popular na Deputación Provincial de Lugo entre xullo do 2007 e decembro do 2011; senador pola provincia de Lugo dende 2008. Exerceu de portavoz de Economía do grupo Popular na IX Lexislatura e como portavoz do Grupo Popular no Senado nas lexislaturas X, XI e XII ata xullo do 2018 cando pasou a ser portavoz adxunto e membro da Deputación Permanente. Tamén formou parte da Cámara Alta na lexislatura XIII. É membro do Comité de Dirección Nacional e do PPdeG. Foi presidente provincial do PP dende o 2002 ata o 2016 e vicepresidente da executiva galega do partido dende 2006 ata o 2016.
María José Gómez Rodríguez (Guntín, 1976). Doutora en Humanidades, é profesora de Secundaria. Concelleira en Guntín dende 2015, e alcaldesa de Guntín dende 2019. Xefa de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo (2017-2022) é xefa territorial da Consellería de Educación e Cultura en Lugo dende 2022.
Juan Serrano López (Portomarín, 1965). Empresario avícola, concelleiro polo PP en Portomarín dende 2007, conseguiu a alcaldía deste concello en 2011, cargo no que se mantivo ata outubro do 2021. Membro da comisión interna de turismo do PP e co-fundador do Observatorio Xacobeo impulsado por 8 alcaldes e que, na actualidade, a través da AMCS da que formou parte da xunta directiva durante seis anos inclúe a 110 concellos de toda España. Foi nomeado senador por designación autonómica e en maio de 2022 cedeu o escano a Alberto Núñez Feijóo. É director da Casa de Galicia en Madrid dende agosto do 2022.





















Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



