Ribadeo, 26 de xuño de 2023. O establecemento hostaleiro ribadense situado na prazoleta de San Roque, onde conta cunha gran terraza, reabriu recentemente con nova xerencia, a cargo de Jose Fernández Suárez. Por iso agora chámase O Colonial de Jose e acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
O novo responsable do Colonial de Jose explica que abrirá todo o ano en horario de 11 da mañá a 2:30 horas e da súa oferta destaca que conta con “una terraza en un lugar privilegiado, una pantalla gigante en la que los clientes podrán ver todas las grandes competiciones deportivas y una carta de cócteles en la que se incluyen caipiriñas, mojitos, daiquiris y otras variedades”.
Jose Fernández Suárez rexenta tamén outro local hostaleiro no centro da vila ribadense, o restaurante A Flor de Jose.
Novos locais asociados
Acisa segue incorporando novos locais asociados. “Seis negocios acaban de adherirse a nuestra asociación y ya sumamos casi 160 asociados. Creemos que vamos por el buen camino con los servicios que ofrecemos y las campañas que organizamos”, declarou a presidenta Carmen Cruzado, que fai un chamamento a todo o empresariado ribadense a unirse a Acisa: “queremos invitar a los negocios que abren sus puertas en Ribadeo a que nos visiten para darles información de todo lo que hacemos desde la asociación. Y a los que llevan tiempo abiertos y nunca fueron socios o los que lo fueron en algún momento que se acerquen hasta nuestras instalaciones para que les contemos las novedades”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, salientou que “en esta nueva etapa se han podido hacer campañas nuevas, como las jornadas del calamar o el rasca y gana, se están dando nuevos y más materiales gratuitos, como los envases de comida para llevar, se va impartir un curso de inglés… y estamos trabajando ya en otras actividades que pretendemos ofrecerles a nuestras asociadas y asociados el próximo otoño”. Y añadió: “desde comienzos de año hemos incorporado 17 nuevos negocios, más que en todo el año pasado, lo cual indica que los comerciantes y hosteleros cada vez se fijan más en el trabajo estamos llevando a cabo desde Acisa. Es importante insistir en que cuantos más seamos más acciones podremos hacer y más cosas conseguiremos”.
As novas altas rexistradas en Acisa son El Colonial de José, Cervecería San Roque, La Flor de Jose, Mesón D’Cata, Ou Ferrado Marelo e Autoescola Desta Vai. “A todos ellos les queremos dar la bienvenida a Acisa Ribadeo”, indicó Carmen Cruzado.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



