As infraestruturas, indispensables para o desenvolvemento da comarca, son unha prioridade para as nacionalistas
A Mariña, 1 de xullo, 2023. O BNG vén de presentar aos integrantes mariñaos das candidaturas ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo,. A lista ao Congreso está encabezada por Daniel Castro García, de Ribadeo, e actual deputado no Parlamento de Galiza. Acompáñano Vanesa Gómez Lourido, de Riotorto, Diego Fernández Martínez, de Cervo, e Beatriz Álvarez, de O Valadouro.
A candidata nº 2 ao Senado é Montserrat Porteiro Sánchez, de Barreiros, xunto á que forman parte da lista tamén Pilar Vázquez, de Xove, Francisco Xavier Fanego Bermúdez, de Foz e Ofelia Cebrián, de Barreiros.
Son oito persoas de variados ámbitos profesionais e sociais e de diferentes localidades; persoas comprometidas coa comarca nos diferentes campos nos que desenvolven a súa actividade laboral, social, institucional, sindical ou política…
O BNG aposta por un representante mariñao no Congreso
O responsable comarcal Antonio Veiga destacou a importancia que para Galiza e para A Mariña tenen estas eleccións, afirmando que “o BNG aposta claramente pola Mariña, non só polo número de candidatos e candidatas da comarca que integran as listas ao Congreso e ao Senado, senón tamén porque esta é a oportunidade de que A Mariña teña un representante no Congreso, o cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro”.
Infraestruturas necesarias para o desenvolvemento industrial da comarca
Daniel Castro, que sinalou que se facía esta presentación diante do socavón da Areoura para visualizar tamén o déficit de infraestruturas, referíuse á desconexión da comarca de A Mariña co resto do país, “que é un feito que se acentuou nas últimas décadas, sobre todo desde que a Autovía do Cantábrico (A-8) foi desviada deixando descolgados á maioría dos concellos mariñaos, e sen que os sucesivos gobernos do Estado dunha e doutra cór fixeran absolutamente nada por reverter esta situación”, afirmou. Referíuse tamén entre outras infraestruturas á situación de Feve, do Dique Norte de Alcoa, esquecido despois de aprobárense unánimemente moitas iniciativas ao respecto presentadas polo BNG, ao igual que a A-74 Barreiros-San Cibrao.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



