As obras que impulsa a Xunta permitirán triplicar a poboación servida e multiplicar por 9 a capacidade de tratamento, acabando coas deficiencias de funcionamento do sistema de saneamento e depuración de Foz
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023. A Xunta, a través de Augas de Galicia, rematará neste mes de xullo o proxecto dos colectores e da nova depuradora de Foz, que suporán un investimento de máis de 12,2 millóns de euros.
Así llo trasladou a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, nunha reunión de traballo mantida esta mañá en Santiago co alcalde, Francisco Cajoto, na que tamén participou o xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira e o director de obra.
No encontro, Teresa Gutiérrez pediulle axilidade ao Concello na realización dos trámites municipais pertinentes para poder iniciar as obras, tendo en conta que a administración local iniciou as expropiacións dos terreos necesarios para levar a cabo as actuacións.
Así, a directora de Augas de Galicia solicitoulle á administración local que someta canto antes o proxecto a información pública. Unha vez analizadas e contestadas as achegas recibidas por parte do organismo hidráulico da Xunta, o Concello deberá aprobar en Pleno o proxecto, o que permitiría comezar as obras.
O obxectivo é construír unha nova depuradora de augas residuais e un tanque de tormentas, ademais de ampliar os bombeos e os colectores, para acabar coas deficiencias de funcionamento do sistema de saneamento municipal, que non ten a capacidade necesaria para acadar os obxectivos de vertido de calidade na auga tratada, principalmente no verán, cando a chegada de turistas incrementa significativamente a poboación.
Para iso executarase unha nova depuradora el Caldouceiro cun caudal máximo de 700 m³/hora e capacidade para atender a 22.342 habitantes, con 2 liñas de desbaste, desareado-desengrasado, tratamento biolóxico por ultravioleta e liña de lodos.
Construirase tamén un novo tanque de tormentas, situado no punto baixo da conca principal, ao lado da actual depuradora, con capacidade para 1.000 m³ e dotado de 3 bombas centrífugas somerxibles, medición de caudal e funcionamento autónomo con envío de datos. Ademais ampliaranse o caudal e a capacidade dos bombeos actuais e disporanse de 4,7 quilómetros de novas conducións.
As intervencións impulsadas pola Xunta permitirán triplicar a poboación servida e multiplicar por 9 a capacidade de tratamento. Os traballos iniciaranse antes de que remate o ano e terán un prazo de execución de 18 meses para a execución das obras e 12 para a posta en marcha da nova depuradora.
A actuación é cofinanciadas con fondos europeos FEDER no marco do programa operativo 2014-2020.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



