Viveiro, 13 de xullo, 2023. Galiza Nova ven de celebrar na tarde deste xoves un acto nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, no que se contou coa presenza de Pilar Vázquez, suplente ao Senado; María Carballal, responsable comarcal de Galiza Nova e Dani Castro, candidato ao Congreso.
“É necesario dispor dun grupo galego forte no Congreso e rematar co centralismo político que nos queren impoñer dende os grandes medios. PP, PSOE ou Sumar atenden aos intereses do seu partido en Madrid. Despois de anos de discriminación que cortaron oportunidades na nosa comarca e empurran á mocidade a emigrar, un deputado cos pés e a cabeza na Mariña porá a nosa voz no Congreso” indicou Pilar Vázquez.
Pola súa banda, María Carballal amosouse ilusionada: “a rebeldía que sinto da mocidade está representada no BNG: a loita inclusiva, a cultura, os dereitos das mulleres, a vivenda ou o traballo digno. Pídovos unha reflexión: quero un futuro en Viveiro pero precisamos traballo e salarios dignos, vivenda e un transporte público de calidade. A mocidade xógase o seu futuro!”.
O mariñán Dani Castro, candidato ao Congreso que as enquisan sinalan como o primeiro deputado do BNG por Lugo nun escano que perdería o PP, recollendo a palabra das predecesoras, comprometeuse a esixir “unha lei de vivenda ambiciosa, que teña en conta os alugueiros turísticos. Non pode ser que o 60% dos salarios de moita xente moza se adique ao pago dos alugueiros”. Ademais recalcou que “200.000 mozos e mozas tiveron que emigrar porque non atoparon as posibilidades para desenvolver o seu futuro na Galiza, e dende o BNG loitarase para que a mocidade poida traballar dignamente, cun Estatuto do Bolseiro que serva para que as empresas non explote á xente moza que se incorpora ao mercado laboral. Empurraremos ao goberno para que faga verdadeiras políticas progresistas e adique o 1% do orzamento á mocidade”, rematou o xoven candidato.
A xornada, que contou cunha ampla participación de xente nova, rematou coas actuacións musicais de Xosé Maseda e a Charanga Benofán.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



