A Mariña, 18 de xullo, 2023. No día de onte, o candidato pola provincia de Lugo ao Congreso, José Antonio Rodríguez Añón, mantivo senllas reunións cos Bombeiros da Mariña e coa Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro co finalidade de recoller as súas demandas e amosarlles o apoio do seu grupo ante a falta de resposta e o abandono institucional que senten.
Rodríguez Añón escoitou con especial interese e preocupación as reinvidicacións do Corpo de Bombeiros da Mariña, que neste momento se atopan en loita debido, entre outros motivos, ás xornadas de traballo abusivas e perigosas ás que se ven sometidos, á falta de apoio e compromiso dos diferentes gobernos local, provincial, autonómico e central, ademais dunhas remuneracións non acordes co traballo e a responsabilidade diarios, xunto coa falta de material laboral adecuado e as carencias de persoal que garantan unhas condicións laborais acordes coa responsabilidade e perigosidade que esta profesión leva aparelladas, polo que o noso candidato agradece “o traballo e o compromiso destes e destas profesionais, que velan pola nosa seguridade a diario e merecen todo o noso apoio e respecto. A sociedade non pode mirar para outro lado ata que necesita da súa axuda. Hai que atender as súas demandas e necesidades, que tamén son as nosas”.
Durante a xuntanza coas e cos comerciantes e profesionais da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, tratáronse temas de grande importancia, estando no centro do debate as iniciativas encamiñadas a mellorar as infraestruturas, desde unha planificación de novos trazados na rede viaria ata o máis prioritario, e que é unha das apostas do programa de Sumar: o desenvolvemento dunha rede ferroviaria moderna que conecte Lugo, e de forma particular A Mariña, co eixo atlántico e Santiago de Compostela.
Xurdiron ademais durante a charla outros vellos problemas que requiren dunha axeitada atención, como o encarecemento da vivenda en Viveiro e na comarca da Mariña, a necesidade dun Plan Xeral de Ordenación Municipal sostible e con miras de futuro na cidade, e melloras imprescindibles no casco histórico.
En palabras de Rodríguez Añón, “as e os comerciantes de Viveiro demostran ter unha visión solidaria, intelixente e de futuro do sector, e necesitan un firme respaldo por parte das diferentes administracións.”




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



