O voceiro do PP, Antonio Rivera, lamenta o mal estado da zona de xogos infantil, sobre todo nestas datas, nas que a vila vive as súas festas patronais
Xermade, 3 de agosto de 2023. Os concelleiros do PP de Xermade denuncian o mal estado que presenta a zona de xogos infantil da vila, que se atopa ao carón da biblioteca municipal e do polideportivo, o que a converte nunha zona de afluencia de veciños, e que pode resultar insegura para os nenos da vila.
O voceiro popular Antonio Riveira pide o seu arranxo inmediato xa que “pode ser perigosa” para os rapaces que xoguen alí, máxime nestas datas nas que a vila vive as súas festas patronais, polo que é de supoñer que haxa máis nenos e nenas nesta zona de xogos.
Dende o PP lamentan o mal estado desta infraestrutura e recordan que sería preciso arranxar de inmediato todas as deficiencias detectadas, como son as fendas que hai no pavimento acolchado do chan, xa que os rapaces poden tropezar con facilidade, realizar o correcto mantemento dos aparatos de xogo e renovar aqueles que se atopen deteriorados, arranxar os accesos e realizar unha correcta limpeza da zona, xa que hai verdín e restos de vexetación que poden facer que os nenos esvaren.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



