A subdelegada e a alcaldesa copresidiron a Xunta Local de Seguridade con motivo da celebración da cita o vindeiro 12 de agosto
Cervo, 4 de agosto de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ultimou hoxe en Cervo o dispositivo de seguridade para a Festa da Maruxaina 2023, que se celebrará o vindeiro 12 de agosto en San Cibrao. A subdelegada e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, acordaron na Xunta Local de Seguridade celebrada na Casa do Concello reforzar con efectivos a localidade mariñá para garantir a seguridade cidadá. Así, a representante do Goberno na provincia ofreceu a total colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para evitar calquera incidente e sinalou que se intensificará a prevención e actuacións contra as agresións sexistas, ademais de estar dispoñible un punto violeta. Neste sentido, avanzou que por parte da Benemérita e Tráfico despregaranse un total de 70 axentes durante a fin de semana.
Durante a reunión, Isabel Rodríguez incidiu na importancia da coordinación entre a Garda Civil, a Policía Local, os servizos de emerxencias e a seguridade privada para conseguir a maior eficacia na prevención e persecución dos delito, e tamén lembrou o papel fundamental da colaboración cidadá “para que todos e todas poidan desfrutar da tradicional Festa da Maruxaina”. Así mesmo, porase atención especial no sábado, cando se espera unha maior afluencia de público procedente de diferentes partes da provincia e da Comunidade.
A subdelegada convidou “a gozar destes días de alegría festiva de forma intensa, pero tamén de maneira responsable e guiados polo respecto á convivencia”.
Por outra banda, no transcurso da xuntanza repasáronse os principais indicadores en materia de seguridade cidadá, constatándose que o municipio continúa cuns niveis de faltas e delitos moi por debaixo da media provincial autonómica e nacional. A Xunta Local de Seguridade contou coa presenza dos responsables da Compañía de Burela da Garda Civil, da Policía Autonómica, Policía Local, Tráfico, Emerxencias e concelleiros municipais.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



