O ala-peche brasileña volve ao Pescados Rubén Burela FS “con máis gañas, ilusión e alegría”
Burela, 7 de agosto, 2023. Camila Gadeia Silva, Cami, regresa a Burela defender ao conxunto laranxa durante a próxima tempada 2023-2024. A querida xogadora brasileira de 33 anos será outra das pezas crave para volver loitar este ano que vén por manter todos os títulos logrados durante a pasada tempada. Cami dá os seus primeiros pasos no equipo brasileiro Sabesp de Sao Paulo, posteriormente a pasado polo Sao Bernardo, o Sao Caetano (onde xogou con Dany, Cilene e Rafinha), no Osasco e no Sao José Futsal Feminino. Posteriormente vaise ao USJ (Líbano) e finalmente no Pescados Rubén Burela FS na tempada 2017-2018 ata a 2021-2022 que pasa a xogar no Castro FSF contribuíndo ao seu ascenso a Primeira División.
Tras o acordo, Manuel Blanco confía plenamente nesta segunda incorporación, “Outra gran xogadora, que sabemos como é futbolísticamente, volve ao equipo despois de estar un ano fóra e moi contentos de contar outra vez con ela. Sabemos que tanto en ataque coma en defensa aporta moitísimo ao club, veteranía e experiencia. É unha xogadora de gran calidade.”
A xogadora internacional no seu país chega a Burela con máis ganas, ilusión e alegría, “Burela foi o club que me abriu as portas en España e téñolle un agarimo enorme. Ademais xa coñezo o club e como traballan, tiña moitas ganas de volver.” Sobre o que espera achegar e levar do equipo “É un equipo moi competitivo e que nos esixe moito, para unha deportista é algo moi bo. O nivel é moi alto e axuda a crecer, eu espero axudar da mellor maneira”. Sobre os seus obxectivos para esta próxima tempada, “Volvo a un club grande e espero axudar ao equipo para seguir facendo Historia, darei o mellor de min para seguir logrando os obxectivos”. Unha mensaxe á Familia Laranxa, “Á afección estoulle moi agradecida por todo o agarimo que me mostraron e espero darlles moitas alegrías. Un abrazo a todos e vémonos en breves Com máis ganas, ilusión e alegría”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.

