Ribadeo, 11 de agosto de 2023. O alcalde, Dani Vega, a través dun Bando pide á veciñanza e aos visitantes que fagan un uso responsable da auga.
No Bando asinado no día de hoxe sinala que “todos somos coñecedores da problemática que estamos a atravesar en canto á escaseza de auga para o consumo humano no noso entorno, que derivou en que concellos veciños se visen na obriga de establecer restricións en canto ao consumo”.
O rexedor indica que “analizando a situación concreta do Concello de Ribadeo, en base ao plan de emerxencia ante situacións de seca municipal, a día de hoxe pode afirmarse que nos encontramos nun escenario de escaseza do recurso na captación de Lexoso, mentres que no caso da captación de Vilarbetote, o escenario actual sería de normalidade, pero cun serio risco de entrar nun escenario de prealerta”.
Dani Vega subliña: “é por iso que, chegados a este punto, prégase aos nosos veciños e visitantes facer un uso responsable da auga, limitando na medida do posible os consumos municipais non esenciais, como poden ser regos, baldeos e enchido de piscinas. Trátase de establecer medidas preventivas para adiantarse a unha posible escaseza de recursos para abastecer á poboación”.
E engade: “evidentemente, de empeorar a situación, o Concello de Ribadeo verase na obriga de establecer medidas restritivas en canto ao uso da auga para consumo humano, máis aló das presentes recomendacións”.
O Bando da Alcaldía acompáñase cunha serie de consellos sobre consumo responsable, facilitados pola empresa concesionaria do servizo de augas municipal, que é Viaqua.

























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



