A Consellería do Mar convocará tamén nos vindeiros días os apoios á creación de organizacións de produtores pesqueiros de ámbito autonómico e das súas asociacións cun orzamento de 200.000 euros
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023. As organizacións de produtores pesqueiros (OPP) do sector dos produtos da pesca e da acuicultura de Galicia teñen este ano á súa disposición máis de 2,7 millóns de euros en axudas para compensar os gastos nos que incorreron para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización, aprobados e executados durante 2022. Así o recolle a orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria destas achegas ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Destas axudas poderán beneficiarse as organizacións de produtores pesqueiros con ámbito de actuación en Galicia, recoñecidas pola comunidade e inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros creado ao abeiro da normativa pola que se regulan estas entidades.
A achega financeira aos plans de produción e comercialización das OPP pode ser de ata o 12% do valor medio anual da produción da entidade durante os tres anos naturais anteriores á resolución de aprobación do plan, unha porcentaxe que cuadriplica a vixente ata 2020 -do 3%- froito dos cambios introducidos no FEMP para adaptarse ás dificultades derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus e co obxectivo de impulsar a actividade do sector marítimo-pesqueiro.
Esta liña de apoio ten como obxecto subvencionar os investimentos realizados durante o período de execución dos plans así como os derivados da súa preparación. Entre os gastos susceptibles de contar con achegas están os de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos vencellados co desenvolvemento dos plans.
As organizacións interesadas en solicitar as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publica o DOG. A presentación das solicitudes, para a que hai un prazo dun mes a contar desde mañá, realizarase por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal.).
Axudas á creación
A estas achegas sumarase nos vindeiros días a convocatoria de apoios á creación de OPP e de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros (AOP) para o ano 2023 cun orzamento de 200.000 euros. Estas axudas, que sairán publicadas tamén no DOG, están dirixidas a aquelas entidades que se creasen hai menos de cinco anos co obxectivo de apoialas no seu nacemento, impulsar a súa actividade e facelas competitivas.
Delas poderán beneficiarse as OPP e AOP recoñecidas como tales na comunidade despois do 1 de xaneiro de 2014, que estean inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no de asociacións destas entidades e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación destas organizacións profesionais.
As OPP
O marco normativo europeo actual reforza as actividades das organizacións profesionais da pesca e da acuicultura e facilita a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar un cometido máis importante na xestión, exercendo as súas actividades pesqueiras e da acuicultura de forma sustentable e mellorando a comercialización dos produtos.
Os seus plans de produción e comercialización inclúen, entre outros aspectos, o programa de produción para as especies capturadas, a estratexia para adaptar a cantidade, calidade e presentación da oferta ás exixencias do mercado e medidas preventivas especiais de adaptación da oferta para as especies que presenten dificultades de comercialización durante o ano.
As actuacións previstas nestes plans das OPP pretenden impulsar a actividade do sector e o seu desenvolvemento, o que contribúe a xerar emprego e riqueza no ámbito de actuación das organizacións de produtores pesqueiros e redunda en beneficio do conxunto da economía galega.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



