A Mariña, 23 de agosto, 2023. O 10 aniversario do ‘Festival Bal y Gay’ finalizará coa esperada actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) na Catedral de Mondoñedo este xoves 24 de agosto (21:00 horas). As entradas están esgotadas para escoitar á OSG, considerada unha das mellores orquestras de España e que realizará a clausura do festival tras os éxitos colleitados en 2021 e 2022 no mesmo escenario. Dirixida por José Trigueros, interpretará as obras ‘Divertimento Non.1 Op.20’ de Weiner e ‘Serenade Non.1’ de Brahms. Será o derradeiro dos 14 concertos na presente edición do evento, que converteu a comarca da Mariña no epicentro estatal da música clásica. Maria João Pires, Konstantin Krimmel, Cuarteto Quiroga, Real Filharmonía de Galicia, Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt, Kebyart, Sara Ferrández, Rocío Pérez, Opera Omnia, Conrado Moya con Katarzyna Myćka ou Zoar actuaron para preto de 4.000 espectadores en espazos idílicos, abarrotados para cada ocasión.
“Asistir al Festival Bal y Gay es siempre un auténtico placer. En sus diez años de historia se ha convertido en una referencia para el norte de España con muchísima calidad, difundiendo repertorio de numerosos y distintos estilos. Para nosotros se ha convertido en una cita ineludible para volver a la Catedral de Mondoñedo. Queremos desearle un feliz aniversario al festival y muchísimos años más de éxitos”, recoñeceu Andrés Lacasa, xerente da OSG. A agrupación “se encuentra en su mejor momento artístico, comenzando una nueva etapa con Roberto González-Monjas y con una importante renovación en la plantilla, que aúna veteranía y sangre nueva”, engadiu Lacasa. Cabe lembrar que a OSG clausurou a edición de 2022 xunto ao director Lucas Macías e á soprano Serena Sáenz, dous dos artistas máis relevantes a nivel estatal. Con anterioridade, protagonizou o peche de 2021 co seu entón director titular Dima Slobodeniouk.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



