As actuacións teñen lugar en 26 viais en todas as parroquias e inclúen tamén a limpeza de cunetas
Barreiros, venres 1 de setembro 2023. O Concello de Barreiros continuou este verán cos plans de reparación de viais a través de asfaltados e aglomerados e prolongaranse no mes de setembro. Os traballos consistentes a maioría deles na reposición dos pavimentos deteriorados aplicando dobres ou triples tratamentos superficiais de ligante asfáltico, previa corrección das deformacións existentes mediante recargo de grava e gravillón, completaranse no mes de setembro procedendo tamén en varios viais a aplicar mezcla asfáltica en quente de 5 cm de espesor.
En todos os viais procédese tamén á limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que se produzan danos no pavimento dos camiños.
Actuacións en todas as parroquias
As actuacións teñen lugar en todas as parroquias, priorizando os viais de máis intensidade de tráfico e os accesos a núcleos de poboación, a vivendas, a espazos públicos e tamén a explotacións gandeiras, criterios que o goberno municipal vén seguindo xa desde o mandato anterior. Así mesmo outro dos criterios, para conseguir unha maior eficacia nas actuacións é ir completando mallas da rede viaria levando unha continuidade barrio a barrio en cada parroquia, co cal rentabilízanse mellor os investimentos.
Planificando o 2024
“Estamos a traballar en 26 viais, que suman un total de 12 km, dos que se leva executado xa máis do 75% contratado, cuxo montante total ascende a 300.000€” manifestou o concelleiro delegado de obras Antonio Veiga, que afirmou tamén que “temos unha extensa rede viaria municipal que require unha exhaustiva planificación e un importante esforzo na distribución dos investimentos, polo que estamos traballando xa na previsión das actuacións para o ano 2024 valorando as cuestións técnicas, prioridades e as previsións económicas para encaixar os viais nos correspondentes proxectos para continuar garantindo á veciñanza accesos en boas condicións aos núcleos de poboación”






















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



