Considera a Xunta de Galicia que esta Residencia está cumprindo os ratios que marca a propia normativa legal vixente para atender aos 47 residentes ?. Que lle parece que o centro non conte co persoal de enfermaría esixido pola normativa aplicable?”, advirten os socialistas
Mondoñedo, 16 de setembro de 2023. Os Socialistas de Mondoñedo apoian as reivindicacións das traballadoras do Asilo de Mondoñedo, xa que denuncian que non hai persoal suficiente para atender aos usuarios desta residencia, xestionada pola entidade Edad Dorada-Mensajeros de la Paz.
Nestas datas, e a través do sindicato CCOO, as traballadoras fixeron pública a súa situación laboral na que evidencian que desde o mes de xuño están “baixo mínimos”, e isto provoca unha sobrecarga de traballo. Como exemplo, que teñan traballar en quendas, “nas que unicamente hai dúas xerocultoras para atender 47 residentes, xa que a empresa non cubre as baixas nin as vacacións”.
Os socialistas de Mondoñedo tras contactar coas traballadoras e coñecer de primeira man a súas demandas, “sumámonos as súas reivindicacións, e ao mesmo tempo, poñémonos a sua disposición para iniciar tódalas medidas oportunas para reverter esta caótica e anómala situación”. Hai que ter en conta ademais, que esta Residencia está nun situada nun edificio moi grande con varias plantas, o que dificulta tamén o traballo diario nos seus espazos.
Inspeccións da Xunta
Neste punto, queremos lembrar ademais, que a propia Xunta de Galicia, no mes de febreiro anunciou a ampliación do número de prazas na residencia de Mondoñedo, cun aumento de 35 prazas. Polo tanto, “emprazamos tanto á entidade Edad Dorada-Mensajeros de la Paz, como á Consellaría de Política Social —que ten as funcións de inspección destes centro- a tomar as medidas urxentes e necesarias para poder atender con tódalas garantías aos usuarios deste centro”.
Considera a Xunta de Galicia que esta Residencia está cumprindo os ratios que marca a propia normativa legal vixente para atender aos 47 residentes ?. Que lle parece que o centro non conte co persoal de enfermaría esixido pola normativa aplicable?”, advirten os socialistas.
Ademais, dende o PSdeG de Mondoñedo, “queremos agradecer o compromiso e o esforzo que realizan as traballadoras desta entidade, asi como tódolos traballadores e traballadoras que desempeñan a sua labor no eido sanitario e no coidado dos nosos maiores na nosa cidade, que son tan importantes nos tempos actuais”, remarcan os socialistas.


























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



