Foz, 21 de setembro de 2023. A corporación municipal de Foz celebrará o próximo martes, día 26 de setembro, dous plenos. Para as 19.00 horas convócase sesión extraordinaria en relación á instancia do Partido Popular para a creación dunha comisión de investigación sobre as recomendacións de uso da auga da traída vixentes. E ás 20.30 horas celebrarase o pleno ordinario do mes de setembro, no que se inclúe como punto principal a licitación do contrato de concesión do servizo de residencia e centro de día de Foz, por un valor estimado de máis de 9,5 millóns de euros.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o carácter absolutamente político do pleno extraordinario, no que se pide a creación dunha comisión de investigación con partidos políticos, veciños sen determinar e representantes da ACIA. É un absurdo incrible. O señor Castiñeira, ante un problema na potabilización, pretende excluír á concesionaria actual, que é a que está xestionando o servizo e quen ten a responsabilidade. Ademais pide unha comisión de persoas alleas á potabilización da auga para tomar decisións sobre a auga. Iso si, asistidas por non se sabe que técnicos externos. Non cita á Consellería de Sanidade -quen fixo as recomendacións- ou a Augas de Galicia -que algo terá que aportar ou algún coñecemento se lle supón-. Isto é ruído, a mellor maneira de non aportar nada e confundir aos veciños.. O goberno ten unha responsabilidade e ante un problema damos a cara, non nos imos esconder detrás de ningunha comisión”.
O rexedor municipal salienta “a transparencia do Concello, que desde o momento que soubo do problema de aumento do nivel de trihalometanos na auga non o ocultou nin o escondeu senón que informou á poboación coas recomendacións oportunas. E continuamos facéndoo. Hoxe, xoves 21 de setembro, aínda non podemos modificar as recomendacións porque os niveis de trihalometanos en varios puntos de control da rede continúan por encima dos 100 microgramos/litro. Esta semana modificouse a dosificación de peróxido de hidróxeno co obxectivo de oxidar e eliminar unha maior cantidade de materia orgánica e baixar os niveis de trihalometanos. Tamén se levou a cabo unha limpeza e purga máis intensa da rede de distribución e a concesionaria adquiriu equipos de control en continuo e dosificación automática que están pendentes de entrega. Continuamos traballando: hoxe, xoves, e mañá, venres, collemos novas mostras na rede, co obxectivo de eliminar as recomendacións no espazo de tempo máis curto posible. Non hai riscos para a saúde pero queremos volver á normalidade canto antes”.
Ao pleno ordinario o goberno de Foz, ademais de varios expedientes da área económica, leva a aprobación a licitación da concesión do servizo público de residencia e centro de día. É un servizo que ve incrementado nunha cantidade importante o custo das prazas, pasando do prezo actual, de 1.326 euros ao mes para un grao III a un custo de 2.054 euros mensuais, á espera das posibles baixas que presenten as empresas ofertantes e que reducirían esta cantidade. “Este sobrecusto que van soportar as familias podemos agradecerllo ao Partido Popular, que se negou en rotundo a que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, da Xunta de Galicia, xestionase un servizo e un edificio que é da súa propiedade. Obrigábannos a sacar as familias e os traballadores para que a Xunta xestionara a residencia, a súa competencia, o cal era ilegal e inmoral”, declara o alcalde, quen engade que “a ordenanza de axudas a emerxencia vai a sufragar o sobrecusto para aquelas persoas sen recursos que non podan pagar o servizo, con diñeiro exclusivamente do Concello de Foz, que deberemos recadar xa que a Xunta se nega sistematicamente a asumir a súa responsabilidade. Aquelas familias que teñan patrimonio van ter que asumir elas o aumento de custes grazas ao PP”.

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



