Francisco Conde asegurou durante unha rolda de prensa na que participaron a presidenta provincial, deputados e senadores, que “o presidente Feijóo encabeza un proxecto político alternativo para España no que ten en conta a Galicia”
Lugo, 2 de outubro de 2023. O PP de Lugo critica que se premie con 450.000 millóns aos independentistas, mentres que a A-54, a Alta Velocidade ou o viaduto de Pedrafita seguen pendentes. Así o destacaron este luns os deputados no Congreso Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades; os senadores María José Gómez e Juan Serrano xunto á presidenta provincial, Elena Candia, que asegurou que “Feijóo sería o único presidente do Goberno que aportaría a Lugo o futuro que merece”.
Francisco Conde cre que na sesión de investidura “o presidente Feijóo ten demostrado o seu liderado e a súa capacidade de trasladar un proxecto político alternativo para España e tamén para Galicia”. É dicir, quedou clara a súa “visión de Estado” a través da “busca de consensos para que España e Galicia poida saír dunha situación económica, política e social complexa”. Mentres que “para o PP os Pactos de Estado son o camiño a seguir; o PSOE atópase atado polas decisións persoais de Pedro Sánchez que é a única referencia do Partido Socialistas, pero que non ten visión de Estado, nin tampouco unha visión clara para Galicia”.
O deputado popular subliñou que “Galicia tamén estivo presente no debate”. Feijóo reclamou “os investimentos pendentes do Goberno con Galicia non só en relación ás infraestruturas viarias e de ferrocarril; senón tamén dende o punto de vista industrial ou das políticas de dependencia”. O deputado popular lembrou que “Alcoa está pechada nestes momentos por unha decisión do Goberno de España que ten pendente a situación de Altri e tamén outras medidas que o Goberno en funcións non está a adoptar. Hai moito que facer”, sintetizou.
O PSOE ENFRONTA TERRITORIOS, O PP DEFENDE A IGUALDADE
Conde asegurou que “Pedro Sánchez está enfrontando aos territorios. A súa política territorial pode traer unha disfuncionalidade dende o punto de vista da igualdade de oportunidades para os diferentes territorios. E o que traslada Pedro Sánchez é que está disposto a gobernar precisamente para reforzar eses desequilibrios e, polo tanto, haxa máis Cataluña e menos resto de España e, polo tanto, menos Galicia”.
“Non podemos apoiar medidas coma a amnistía nin o referendo nin tampouco que poidan compensar a Cataluña con 450.000 euros a costa doutros territorios coma Galicia. Non estamos dispostos a aceptar que haxa compensación económica a Cataluña para que Pedro Sánchez poida ser presidente do Goberno. É unha situación anómala dende o punto de vista democrático, territorial e dos intereses de Galicia”, engadiu.
Neste senso, remarcou que tanto a presidenta provincial coma os deputados nacionais e senadores “reivindicaremos máis Lugo, máis Galicia e igualdade de oportunidades dos españois e dos territorios”.
NOVA COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL
A presidenta provincial, coincidindo co Día da Policía Nacional, explicou que “unha das primeiras iniciativas que rexistraron os populares no Senado foi unha pregunta para que se concrete o futuro dunha infraestrutura para Lugo como é a nova Comisaría”, dando así cumprimento ao compromiso asumido polo Executivo de Mariano Rajoy. “Era un compromiso de tódolos partidos e o Partido Popular non o vai a deixar nun caixón”, remarcou.
Candia lembrou que “a Xunta de Galicia si cumpre e está dando datas para que os edificios que están rematadas empecen xa con actividade”; mentres que “a construción da nova Comisaría -unha infraestrutura imprescindible para que poidan desenvolver o seu traballo nunhas condicións óptimas- segue sen prazos e sen concretarse que se ubique na zona norte da cidade”. O Partido Popular xa ten manifestado que “queremos que sexa especificamente na zona norte e, especialmente, no barrio da Residencia”.
A presidenta do PP lucense recoñeceu o traballo dos representantes no Congreso e no Senado e tamén aproveitou para poñer en valor “o extraordinario e necesario traballo” que desenvolven os efectivos da Policía Nacional na provincia.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



