O venres terá lugar a XV Festa dos callos, cunha abundante ración, pan e viño por 7€. O sábado: ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión. Ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Galia. Ás 22:30 horas: Verbena co Grupo Galia e a Disco Móvil Conxuro. Para rematar a festa, o domingo 8 de outubro, haberá
ás 13:00 horas esión Vermú prolongada co Duo D´Caché.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



