No Día Internacional das Mulleres Rurais, José Tomé Roca, xunto ao Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e a Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, visitaron o modelo de produción ecolóxico, sostible e de proximidade da Granxa A Cernada, en Palas de Rei, a cargo de Ana Corredoira
Palas de Rei, 15 de outubro de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, reivindica a contribución vital das mulleres ao rural, cuxo futuro depende das oportunidades de emprego e dos plans de vida que estas teñan no mundo rural. No Día Internacional das Mulleres Rurais, o tamén Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, xunto ao Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, a Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, e a Deputada autonómica Patricia Otero visitaron a Granxa A Cernada, en Palas de Rei, a cargo de Ana Corredoira, un modelo de produción ecolóxico, de proximidade e sostible impulsado por unha muller moza que crea actividade económica no rural e contribúe polo tanto ao seu desenvolvemento.
Os socialistas reclamaron un Plan de Reequilibrio de Investimentos cara o rural galego, que a Xunta garanta a prestación dos servizos públicos, como sanidade, educación, conciliación ou atención aos maiores, e que promova a creación de emprego de calidade e sostible aproveitando o potencial produtivo do rural, como factores chave para fixar poboación no territorio e reverter a grave caída demográfica que se rexistra dende hai décadas.
Neste sentido, José Tomé subliñou que precisamente o apoio ao rural e ao sector primario é unha das liñas de actuación prioritarias do Goberno provincial que preside, e puxo en valor a posición da provincia como principal produtora de leite e madeira de España, ao mesmo tempo que reclamou á Xunta que se poña a traballar para solucionar as eivas, principalmente no campo das comunicacións no que ten as competencias, que lastran o crecemento económico no rural.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



