Patricia Otero aféalle ao director da Axencia de Infraestruturas que confirmara hoxe que a obra non é prioritaria
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023. A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamoulle hoxe á Xunta que desbloquee a VAC Costa Norte entre Ferrol e San Cibrao. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión sobre un proxecto anunciado en 2001 que debera ter sido finalizada en 2007 pero que a día de hoxe só ten rematados dous tramos que foran licitados no seu día polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño.
Otero criticou que o director da Axencia de Infraestruturas sinalara hoxe que o goberno galego está a traballar en “vías prioritarias” nas dúas provincias, adiando sine die unha infraestrutura que resulta fundamental para romper co illamento das comarcas da Mariña e Ortegal. Criticou que defendan por exemplo outras vías de comunicación como A Gañidoira “e botan por terra o impulso á VAC Costa Norte”.
A responsable socialista criticou que o goberno galego, no canto de desbloquear os 9 tramos que aínda quedan por executar desta vía, sinalen á alcaldesa de Viveiro, que tivo que adaptar o PXOM á modificación imposta polo goberno galego e coa que racharan o consenso no proxecto orixinal para a Ponte de Viveiro. Explicou que a modificación foi iniciada en 2011 pero ata 2017 non chegou o informe de Patrimonio, e o de Augas de Galicia retrasouse ata o ano 2022.
Acusou á Xunta de “faltar bastante á verdade”, e esixiulle que “se poñan a traballar e entre tódalas administracións atopen solución” para esta vía que, de seguir co ritmo de execución imposta pola Xunta dende a chegada de Feijóo e Rueda, non estará rematada ata o ano 2135.
A responsable socialista explicou que a obra, anunciada polo goberno presidido por Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro en 2001, tiña que ter rematado en 2007, pero foi abandonado nun caixón ata que chegou o goberno presidido polo socialista Pérez Touriño, que licitou os únicos dous tramos rematados ata o momento. Trátase da variante de Xove, en Lugo, inaugurada en 2017, e a variante de Ortigueira, inaugurada en 2013, pero dende entón a obra segue parada.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



