Ribadeo acolle durante o luns 30 e martes 31 de outubro unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
Baixo o título ‘Reflexións sobre a pesca artesanal: sostible, rendible e con futuro’, o evento serve un ano máis como foro de debate acerca de diferentes temas de interese para a frota de pequena escala. Abriu a xornada o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero.
Durante a tarde do luns os representantes dos pósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos abordan diferentes temas de interese e preocupación común para as confrarías de pescadores do Cantábrico-Noroeste, tomando como punto de partida as conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Burela hai un ano.
O congreso, que ten lugar no Parador de Ribadeo, pecharase na mañá do martes cunha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e as comunidades autónomas do Cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector expoñerá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do luns.
Esa sesión contará coa asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime García; ademais doutros representantes das administracións central e autonómicas, como a directora xeral de Pesca Sostible, Mónica Corrales; a subdirectora xeral de Sustentabilidade Económica e Asuntos Sociais, Silvia Solís; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica.
Tamén estarán presentes o director xeral de Mariña Mercante, Benito Núñez Quintanilla; a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ana Nuñez Velasco; e a directora do ISM, Elena Martínez Carqués.
Xa no acto de clausura e conclusións do congreso, que se celebrará a partir das 12:30h, unirase o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, o alcalde do Concello de Ribadeo, Daniel Vega, os representantes das organizacións de pesca de Lugo, Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; e outras entidades pesqueiras e económicas de ámbito local.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



