Xove, 9 de novembro, 2023. O Psoe de Xove presenta unha serie de enmendas de orzamentos respecto do noso concello á Xunta de Galicia, xa que cremos que tanto se prometeu e promete, e hai carencias notables que non se cumpren por máis que se repitan…É a forma de traballar deste Concello, porque leva a mesma dirección fai 16 anos e non cambia. De feito a Xunta leva o mesmo tempo sen gastar un céntimo en Xove,será porque o noso alcalde non considera que exista ningunha deficiencia nin urxencia… Hai servizos e arranxos que son esenciais e que se deben ter en conta, por iso desde este Grupo Municipal socialista expoñemos o seguinte:
O Saneamento das parroquias de Xuances e Portocelo para eliminar os verquidos ás praias de Esteiro e Portocelo. Xa que moito presumir de bandeiras azuis ( as cales son un orgullo grande, claro que si) pero o saneamento das nosas parroquias é fundamental, e traería moitísimos aspectos positivos con elo. Xa que tanto remanente temos, por favor fagan algo que vai sendo hora.
Outras das enmendas é facer un estudo e mellorar tanto o abastecemento como a calidade da auga de Xove. Recordemos que Xove foi un dos concellos que restrinxiu o consumo de auga pola súa escaseza. Isto leva pasando varios anos, e que se fixo? NADA. Ademais en canto chove un pouquiño (en Galicia chove pouco, xa sabemos) sae barro polas billas… Repetiuse varias veces, comunicouse ao concello. A súa resposta? Nula. Asi que cremos primordial o que propoñemos. O estudo sería un bo punto de partida para arranxar isto.A ver se dende a Xunta poden axilizar o proceso.
A terceira enmenda que propoñemos, é a de contemplar o da vía de alta capacidade dende o porto de Morás-Xove -Polígono de Camba co enlace coa vía de alta capacidade da mariña e tamén con Alcoa. Sería un punto moi positivo á hora de que Alcoa permanecera máis anos, que é o que queremos todos (algúns con máis énfase que outros) facilitarlle ás cousas e ao mesmo tempo, facilitarlle ao pobo de Xove prosperidade e desenvolvemento industrial e económico.
Estas enmendas son por e para que Xove medre, dende o grupo socialista presentámolas co afán de que se teñan en conta e non queden nun caixón esquecidas, como outras tantas que quedaron olvidadas e que só saen a a pasear cando son eleccións municipais.Por iso as presentamos como partido á Xunta de Galicia, xa que o noso alcalde e o seu equipo de goberno, non ten moita intención de facelo.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



