A OPP-7 Burela está promocionando estes días os seus produtos pesqueiros do porto de Burela en Gastrónoma, a feira gastronómica líder do Mediterráneo, que se celebra en Feria Valencia do 12 ao 14 de novembro
Burela, 13 de novembro, 2023. O Porto de Burela participa neste evento dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar “Galicia Sabe AMAR”, a través do stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que presenta en ‘Gastrónoma 2023’ o mellor da súa gastronomía, destacando especialmente a súa oferta pesqueira, con produtos que se converteron en auténticos referentes no mundo da gastronomía, como a Merluza D& Burela.
Na xornada inaugural do domingo, o chef Alejandro Iglesias (restaurante Dúas Liñas, Arzúa) preparou as receitas: “Tiradito de Merluza D& Burela” e ” Merluza D& Burela á miña Galega”.
Ao longo deste ano 2023, o “Peixe de Burela”, especialmente a súa pescada do pincho e o bonito do norte, desfilou nas mellores pasarelas gastronómicas dentro do programa de catas e degustacións dos produtos do mar “Galicia Sabe A-Mar” da Xunta de Galicia: no Salón Gourmets (Madrid, abril), no Salón de Alimentación do Atlántico “Salimat Abanca” (Silleda, xuño), no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar (Ourense, novembro) e agora na Feira gastronómica do Mediterráneo (Valencia).
Ademais, a OPP Burela tamén promocionou a calidade e a trazabilidade do seu peixe por toda España, participando en diferentes eventos a través de showcookings e maridaxes con outros produtos gastronómicos en citas tan representativas como FITUR (Madrid, xaneiro) e outros eventos do sector a través de Cepesca durante todo o 2023.
No mes de setembro, tamén en Madrid, a OPP-7 organizou o seu propio evento “Merluza D& Burela polo Mundo” dirixido especialmente a bloggers e xornalistas gastronómicos: un showcooking guiado por catro recoñecidos cociñeiros galegos con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vangardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.
Dentro da promoción da gastronomía local, o ‘Peixe de Burela’ tamén estivo presente na presentación da Feira Expomar (Madrid, xaneiro), na propia Feira Expomar (Burela, maio), na Feira Produart (Burela, agosto) cun shoxcooking de bonito do norte, ou na Feira Gastronómica L de Lugo (Lugo, setembro) con varios showcooking e maridaxes nos que se promocionou a Merluza e Bonito de Burela, ademais de diferentes especies variadas da lonxa ABSA de Burela, como cabala, xurelo, rape, pota, peixe espada, marraxo… representando ás principais frotas locais.
Todas estas accións están cofinanciadas por Xunta de Galicia e FEMPA, incluídas no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



