Defende que a rexedora debería “exihibir outro tono e non mezclarse nestes ataques partidistas de quen quere utilizar a Viveiro para a promoción persoal como candidato á Xunta e traballar con seriedade e sen descanso da man do Goberno galego”
Viveiro, 15 de novembro de 2023. A voceira municipal do PP, Mariña Gueimunde, recoñece “non dar crédito” ás últimas manifestacións de María Loureiro contra a Xunta de Galicia respecto da VAC. Tal é así que a popular advirte á socialista que, “deste xeito, non se vai a avanzar nunha obra que leva vinte anos de retraso por culpa do PSdeG e á súa teima de opoñerse a un acceso viable por Magazos”. Por elo, a popular considera “o que ten que facer a socialista e porse no seu papel institucional e pedir unha entrevista coa conselleira, en Santiago, na que lle traslade o acordo unánime do Pleno para retomar unha obra imprescindible”.
Gueimunde rexeita así as formas “de quen foi derrotada nas derradeiras eleccións municipais”. “María Loureiro ponse a enredar nun tema moi sensible para o municipio e súmase ao estilo bronco e desabrido dun solitario deputado socialista nas Cortes, que veu a Viveiro a exhibir o desagradable estilo sanchista baseado na mentira e a desvergoña sen pudor”. A este respecto, lembra que “o novo representante de Puigdemont na provincia de Lugo, era presidente da Diputación cando o bipartito PSdeG-BNG decidiu arruinar a viabilidade da VAC, ao seu paso por Viveiro, e sentenciala a anos de indefinición de trazado e a este inxusto e lesivo retraso”.
CO PSOE VIVEIRO NON TEN PESO POLÍTICO
Para Gueimunde isto vén a demostrar que “Viveiro non ten peso político dende que goberna o PSOE, apoiado polos nacionalistas galegos, nin tampouco o terá”. Así se evidencia, engade, “que cando puideron non o fixeron”.
Quen tamén naqueles anos era senadora polo PP cre que “Besteiro ten dabondo con preocuparse da parte da Autovía da Mariña que vai de San Ciprián a Barreiros, que é competencia do Estado, e para a que non hai ningún compromiso firme. Quizais os cartos para acometela vanse volatilizar na escandalosa quita de débeda catalana que este deputado socialista por Lugo apoia con entusiasmo”, sentencia.
Mariña Gueimunde defende que a rexedora local debería “exhibir outro tono, non mezclarse nestes ataques partidistas de quen quere utilizar a Viveiro para a promoción persoal como candidato á Xunta e traballar con seriedade e sen descanso da man da conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia para que unha estrada imprescindible no esenvolvemento do municipio, que debería de estar rematada fai vinte anos, se poida levar a cabo dunha vez como demanda toda a cidadanía”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



