Este programa ofrece descontos ás persoas maiores para acudir a balnearios da nosa Comunidade durante os meses de outubro, novembro e decembro
Guitiriz, 15 de novembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá os beneficiarios da novena edición do programa Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia que desfrutan da súa estadía no balneario Iberik de Guitiriz. Durante o encontro sinalou que mediante esta iniciativa máis de 1200 maiores de 60 anos contan con descontos para acudir a 15 establecementos repartidos por toda a xeografía galega durante os meses de outubro, novembro e decembro.
A conselleira destacou que o programa Benestar en Balnearios permite ofrecer uns días de descanso ás persoas maiores, para que coñezan Galicia e teñan tempo para coidarse así mesmos. Este programa conta cunha ampla traxectoria na nosa Comunidade e súmase a aqueles programas que o Goberno galego impulsa para unha nova xeración de maiores que entende a xubilación como un etapa para desfrutar, emprender novos proxectos, estudiar ou viaxar.
Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsará este ano o Carné +65, unha nova medida que —ao igual que o Carné xove para a mocidade— permitirá ofrecer descontos e vantaxes aos maiores galegos. En concreto, este carné permitirá que máis de 700.000 maiores galegos poidan viaxar gratis no transporte interurbano da Xunta, conten cun novo programa de viaxes nacionais e internacionais e se beneficien de descontos en comercios e establecementos.
Convenios coas universidades
Fabiola García tamén puxo en valor aquelas iniciativas que a Xunta impulsa para darlle as persoas maiores as ferramentas para seguir formándose. Como exemplo disto, citou as aulas senior e os convenios coas universidades galegas para ofrecer programas e cursos destinados ás persoas maiores e que poidan así seguir formándose ou saciar a súa curiosidade en distintas disciplinas.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



