Viveiro, 17 de novembro, 2023. O venres está adicado á conservación dos alimentos vidos do mar da man de Carlos Nuevo e Xosé María Leal na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro
Logo da Charla “A obra mariñeira de Xosé Conde Corbal” a cargo de Antón Mascato poderase gozar da exposición do autor ata o domingo pola mañá.
Haberá dúas palestras , ás 19:00h Charla: “A conservación da pesca, do pasado ao futuro” con Carlos Nuevo, cronista oficial do Concelllo de Viveiro e ás 20:30 h. Charla: “As salgadeiras e conserveiras”, con Xosé María Leal Bóveda, na Sala Exposicións da Biblioteca de Viveiro.
O sábado chega o día grande do Vivemar con varias actividades, ás 11:00 h. Vivemar: Declaración de intencións. Presentación de proxectos: Escola de navegación, Inventario de Patrimonio. Participación de asociacións e colectivos. Novas iniciativas… con Lucas Requeixo e Antón Mascato. Ás 12:00 h. Presentación “Nova Ardentía”, con Emilio Ínsua, Antón Niñe e o Capitán Pino, ás 12:30 h. Conversa con Francisco Fra, arredor do estaleiro de San Cibrao, con Emilio Ínsua e Antón Mascato.
E xa pola tarde ás 18:30 Encontro de colectivos e persoas interesadas na problemática do plástico nos ríos e no mar.
“Globo Marruán. Lixo feito Arte” historia dun exemplo local.
“Outro Mundo é posible” de Manoel Santos, Coordinador de Movilización de Greenpeace en Galicia.
E o domingo a programación sufre variacións debido á manifestación convocada pola defensa da saúde na Mariña, así que ás 10:00 h Limpeza voluntaria e colectiva de lixo da Ría de Viveiro, coordina Prato_DO. Lugar de encontro: Monumento das Minas da Silvarosa na Misericordia.
12:30 h. “Historia ou historias que viñeron pola mar. Roteiro guiado polo Viveiro vello”, con Suso Mtnez., guía de turismo e historiador Lugar de encontro: Praza Maior






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



